Este venres 24 de maio visitounos Sonia Mirón, autora da novela xuvenil e ex profesora do IES A Sangriña. Sonia conversou co noso alumnado de 1º de ESO sobre o que significa para ela a escrita, sobre as súas obras e sobre a profesión de escritora nunha animada conversa organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Sonia Mirón naceu en Vigo en 1970. É licenciada en Filoloxía Hispánica e, dende hai anos, imparte clases de Lingua e Literatura en institutos, e como titora na UNED. Colaborou como columnista de opinión en diferentes xornais impresos (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario) ou xornais dixitais (Mundiario.com). Tamén escribiu reportaxes para revistas de viaxes como Turismo Rural ou National Geographic. Gañadora dun accésit na categoría de relato no Premio Leopoldo Alas (2005), publicou varios contos en diversas antoloxías. É autora de varias entrevistas e críticas para diferentes publicacións. As súas novelas para mozos Si tú quieres, Un sol dentro de mí, Mi corazón en una caja de zapatos e No son mariposas, son elefantes teñen un grande éxito entre o público adolescente e son de lectura recomendada en numerosos centros de ensino secundario.