O mundo empresarial está en continua evolución e nestes tempos o uso da tecnoloxía e a contorna dixital converteuse nun elemento clave para o bo funcionamento e crecemento de empresas e proxectos. Por iso, non podemos ignorar este aspecto na formación das nosas alumnas e alumnos.
No Congreso SED Talks 2024, celebrado o venres 3 de maio no Club Financeiro de Vigo, os alumnos de 1º de CS e CM de Administración (e algún de Informática) puideron coñecer experiencias de emprendedores dixitais de éxito, as súas estratexias e consellos.
Grazas a Benlly Hidalgo por facilitar as entradas aos nosos alumnos, e a estes por facer que nos sintamos orgullosos de acompañalos.