Events
Velaquí o calendario:
Data: 1 de decembro 2016.
Hora: de 10:15 a 12:00 h.
Lugar: salón de actos.
Ponente: Fernando Álvarez Pereira, Técnico de Servizos Xerais, Subdirección de Información Especializada, Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Alumnado: 2º curso dos ciclos medios de Carrozaría, Mecánica, Xestión Administrativa, Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º curso do ciclo superior de Administración e Finanzas, 4º ESO B.
Organiza: Departamento de FOL.
Programa: proceso de creación dunha empresa.
O próximo venres día 2 de decembro levarase a cabo unha colleita de alimentos por parte de Conrazones para as familias máis necesitadas do municipio.
Necesítase de forma urxente leite, conservas cárnicas e de peixe, aceite, legumes, cacao e os seus derivados. Tamén alimentos propios do Nadal.
Podedes traer ao centro a vosa achega o venres 2 e entregala no seguinte horario: de 8:00 h a 10:00, e de 16:00 h a 17:00 h.
Este luns, 5 de novembro, no segundo recreo, celebraremos o magosto no noso centro.
Organízao o Departamento de Administrativo coa finalidade de recadar fondos para a viaxe a Madrid que vai realizar o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administrativo no mes de abril.
Bo proveito!
Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.
O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.
O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

As tesoiras de Matisse e Pintores foron os contos que escolleu o equipo de biblioteca para a sesión de contacontos á que asisitiron tres grupos de infantil do CEIP A Sangriña, sesión que levou a avezada contacontos Beatriz Núñez, e na que o noso alumnado de 1º de ESO actuou como anfitrión.
O alumnado de infantil obsequiounos cun adorno de Nadal que colgamos na nosa árbore.
Data: 16 de decembro.
Horario:
- 8:20-10:00 h, 1º CMXA e 1º CS AF.
- 10:15-12:00 h, 1º CM Carrozaría, 1º CM Mecánica.
- 12:20-14:00 h: 1º CM Informática.
Lugar: aulas dos ciclos dispoñibles.
Alumnado que participa: 1º CMXA, 1º CS AF, 1ºCM Carrozaría, 1ºCM EMV, 1ºCM SMIR.
Impartida por: voluntaria da Cruz Vermella. Cruz Vermella: asemblea comarcal do Baixo Miño.
Programa:
- Os primeiros auxilios: que son?
- A obriga legal e moral de socorrer.
- Actuación xeral ante unha situación de emerxencia: PAS.
- Técnicas de primeiros auxilios: práctica con boneco e material de primeiros auxilios.
- O traslado dunha persoa accidentada.
- Asfixias, emerxencias respiratorias: manobra de Heimlich.
- Hemorraxias, fracturas, lipotimias, epilepsia.
Organiza: Departamento de FOL.
Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Portugués de 4º de ESO realizaron unha actividade de campo na praia da Lamiña para determinar o seu perfil topográfico e estudar a súa biodiversidade vexetal. A actividade estivo guiada pola profesora de Portugués Marisa Guerra e o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida.
A actividade práctica enmárcase dentro das actividades complementarias do alumnado nas correspondentes materias así como no estudo que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva realizando nos últimos anos da desembocadura do río Miño ao abeiro do proxecto “Un mar de coñecemento” dentro dos contratos programa.
Nesta ocasión o alumnado determinou o perfil topográfico da praia, actividade que volverán repetir en primavera xa que o perfil topográfico das praias cambia ao longo do ano en fución das estacións meteorolóxicas. Así mesmo, realizouse un estudo da biodiversidade vexetal dos fenais, o que permitirá determinar as diferentes adaptacións das especies vexetais a este medio físico. O alumnado de Portugués, realizará un estudo das especies vexetais, a súa relación coa denominación en lingua portuguesa e a súa importancia etnográfica.
Os resultados destes traballos exporanse a final de curso para toda a comunidade educativa.
Data: 16 de decembro.
Horario:
- 8:20-10:00 h, 1º CMXA e 1º CS AF.
- 10:15-12:00 h, 1º CM Carrozaría, 1º CM Mecánica.
- 12:20-14:00 h: 1º CM Informática.
Lugar: aulas dos ciclos dispoñibles.
Alumnado que participa: 1º CMXA, 1º CS AF, 1ºCM Carrozaría, 1ºCM EMV, 1ºCM SMIR.
Impartida por: voluntaria da Cruz Vermella. Cruz Vermella: asemblea comarcal do Baixo Miño.
Programa:
- Os primeiros auxilios: que son?
- A obriga legal e moral de socorrer.
- Actuación xeral ante unha situación de emerxencia: PAS.
- Técnicas de primeiros auxilios: práctica con boneco e material de primeiros auxilios.
- O traslado dunha persoa accidentada.
- Asfixias, emerxencias respiratorias: manobra de Heimlich.
- Hemorraxias, fracturas, lipotimias, epilepsia.
Organiza: Departamento de FOL.
Esta tarde proxectouse no salón de actos do noso centro para o alumnado de Bacharelato e Ciclos superiores o documental 15 pesetas por frete, traballo de Estefanía Alonso. O filme trata o contrabando e o estraperlo na posguerra na nosa zona de fonteira, concretamente en Camposancos, unha práctica de comercio ilegal en tempos de miseria, malia que nas gamelas pasaban mercadorías legais e de primeira necesidade, como poden ser aceite, azucre, ovos ou penicilina.
Contaron co asesoramento histórico dos profesores Antonio Cernadas e Xavier Crespo, quen tamén aparecen como colaboradores directos.
O pasado 20 de decembro, no desenvolvemento do proxecto CORPO, celebrouse no salón de actos do centro un festival de danza para a inclusión a cargo da coreógrafa Sheila Loira. Coma sempre, participaron os cinco integrantes do proxecto (A Asociación Avelaíña para a axuda ás Persoas con Enfermidades Mentais, o CEE San Xerome Emiliani, CEIP e o IES A Sangriña e a Residencia Monte Tecla para A Terceira Idade).
Bailarinas e bailaríns desde 5 anos de idade ata máis de 80 presentaron as súas coreografías, froito da constancia e perseverencia amosadas nun obradoiro de danza desenvolvido ao longo do trimestre. Foron convidadas ao evento as familias dos bailarins, alumnado de 1º e 2º de ESO e profesorado do centro. Máis de 200 persoas gozaron dun festival inesquecible, cheo de emocións, ritmo e sentimentos.
Parabéns a todas e todos e felices festas!!