Eventos
O profesor da Universidade de A Coruña, Felix Puime Guillén, imparte unha conferencia maxistral sobre o crecemento económico, recesión e crise.
Asisten a esta conferencia alumnado de Ciclo Superior de Administración e finanzas así como o alumnado de 2º de BAC.
Organiza departamento de Economía e de Administración e finanzas.
Dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lévase a cabo a charla divulgativa "As toxinas mariñas como orixe dos medicamentos" impartida por Luis Miguel Botana López.
O obxectivo desta charla é a difusión científica no alumnado de 4º da ESO e concretamente coñecer como a toxicidade dun composto se pode cambiar para aproveitar o seu efecto para obter medicamentos.
Dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lévase a cabo a charla divulgativa "Cambio climático, mitos, lendas e ciencia" impartida por Jose Antonio Rodríguez Añón.
O obxectivo desta charla é a difusión científica no alumnado de 4º da ESO e concretamente ten como eixo principal os dez "comentarios" máis habituais que se están a manexar para así descartar os falsos mitos sobre o cambio climático.