Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Decembro 20, 2019
Start: 20/12/2019 09:00
End: 20/12/2019 11:00

O alumnado de segundo curso dos ciclos medio de aproveitamentos forestais e superior de xestión forestal e do medio natural visitan o parque de bombeiros de Arzúa.

A actividade consiste nunha charla sobre a organización dos incendios que teñen lugar na interface urbano-forestal.

Start: 20/12/2019 10:50

O ultimo día do trimestre ten lugar a entrega de boletíns de notas en tódolos niveis educativos do centro e  o alumnado da ESO e FP básica terán diferentes acitividades relacionadas coa temática de igualdade de xénero: películas no centro (1ºESO), cine en Santiago (2º e 3º da ESO) e talleres teatralizados (4º ESO e FPbásica).

Dexesarvos a tod@s FELICES VACACIÓNS DE NADAL!!!

Venres Xaneiro 10, 2020
Start: 10/01/2020 10:50
End: 10/01/2020 11:40

O profesor da Universidade de A Coruña, Felix Puime Guillén, imparte unha conferencia maxistral sobre o crecemento económico, recesión e crise. 

Asisten a esta conferencia alumnado de Ciclo Superior de Administración e finanzas así como o alumnado de 2º de BAC.

Organiza departamento de Economía e de Administración e finanzas.

Luns Xaneiro 13, 2020
Start: 13/01/2020 09:40
End: 13/01/2020 10:30

Dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lévase a cabo a charla divulgativa "As toxinas mariñas como orixe dos medicamentos" impartida por Luis Miguel Botana López.

O obxectivo desta charla é a difusión científica no alumnado de 4º da ESO e concretamente coñecer como a toxicidade dun composto se pode cambiar para aproveitar o seu efecto para obter medicamentos.

Distribuir contido

Back to top