Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Decembro 19, 2019
Start: 19/12/2019 09:50
End: 19/12/2019 12:50

O alumnado de Ciclo superior e Ciclo medio de Xestión forestal e alumnado de 4º curso da ESO asisten en Santiago a visualización da película documental "O que arde" sobre a relación co lume nunha aldea lucense.

"Amador es un conocido pirómano gallego que ha sido acusado de causar un nuevo incendio. Lois, un joven bombero, explora las profundidades de un bosque en llamas. Sus destinos están vinculados por el poder de un misterioso fuego."

Venres Decembro 20, 2019
Start: 20/12/2019 09:00
End: 20/12/2019 11:00

O alumnado de segundo curso dos ciclos medio de aproveitamentos forestais e superior de xestión forestal e do medio natural visitan o parque de bombeiros de Arzúa.

A actividade consiste nunha charla sobre a organización dos incendios que teñen lugar na interface urbano-forestal.

Start: 20/12/2019 10:50

O ultimo día do trimestre ten lugar a entrega de boletíns de notas en tódolos niveis educativos do centro e  o alumnado da ESO e FP básica terán diferentes acitividades relacionadas coa temática de igualdade de xénero: películas no centro (1ºESO), cine en Santiago (2º e 3º da ESO) e talleres teatralizados (4º ESO e FPbásica).

Dexesarvos a tod@s FELICES VACACIÓNS DE NADAL!!!

Venres Xaneiro 10, 2020
Start: 10/01/2020 10:50
End: 10/01/2020 11:40

O profesor da Universidade de A Coruña, Felix Puime Guillén, imparte unha conferencia maxistral sobre o crecemento económico, recesión e crise. 

Asisten a esta conferencia alumnado de Ciclo Superior de Administración e finanzas así como o alumnado de 2º de BAC.

Organiza departamento de Economía e de Administración e finanzas.

Luns Xaneiro 13, 2020
Start: 13/01/2020 09:40
End: 13/01/2020 10:30

Dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lévase a cabo a charla divulgativa "As toxinas mariñas como orixe dos medicamentos" impartida por Luis Miguel Botana López.

O obxectivo desta charla é a difusión científica no alumnado de 4º da ESO e concretamente coñecer como a toxicidade dun composto se pode cambiar para aproveitar o seu efecto para obter medicamentos.