Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Decembro 03, 2019
Start: 03/12/2019 09:50

A Consellería de Educación organiza o PROGRAMA DEPORTIVO XOGADE.

Celébrase en Castrofeito, O Pino. O alumnado que participa é 1º e 2º da ESO e unha representación de 3º da ESO (segundo data de nacemento).

Saímos dende o CEIP. 

Mércores Decembro 04, 2019
Start: 04/12/2019 12:50
End: 04/12/2019 14:30

O día 4 de decembro,  está organizado un taller formativo de Cruz Vermella sobre o VIH, dado que se está producindo un incremento de casos positivos entre a mocidade, neste  caso dirixido a terceiro e cuarto da ESO. A quinta hora asisten os grupos de 3º  da ESO e a sexta hora os grupos de 4º da ESO

Start: 04/12/2019 12:50
End: 04/12/2019 13:40

A Axencia galega de custodia do territorio  imparte unha conferencia informativa a tódolos cursos dos Ciclos formativos de Xestión forestal e do medio natural e de Aproveitamentos forestais. 

Podedes atopar máis información no seguinte enlace: https://www.custodiadoterritorio.org/

Luns Decembro 09, 2019
Start: 09/12/2019 08:50

Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"

Titorías da ESO

Martes Decembro 10, 2019
Start: 10/12/2019 08:50

Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"

Titorías da ESO

Venres Decembro 13, 2019
Start: 13/12/2019 09:40
End: 13/12/2019 10:30

O alumnado de Formación profesional básica participa na primeira sesión dun taller formativo sobre prevención de adicción no uso das redes sociais e os xogos interactivos.

O taller está organizado polo departamento de orientación é impartido pola entidade AGALURE, especializados en ludopatías,  en colaboración co concello de Arzúa.

Luns Decembro 16, 2019
Start: 16/12/2019 09:40
End: 16/12/2019 10:30

O alumnado de 4º curso da ESO participa na primeira sesión dun taller formativo sobre prevención de adicción no uso das redes sociais e os xogos interactivos.

O taller está organizado polo departamento de orientación é impartido pola entidade AGALURE, especializados en ludopatías,  en colaboración co concello de Arzúa.

Start: 16/12/2019 12:30

O 16 de decembro remata o prazo para presentar as TARXETAS DE NADAL do concurso organizado polo departamento de dinamización lingüística da lingua galega.

As tarxetas poden ser multilingües, en calquera dos idiomas estudados no IES, empregando como mínimo o idioma galego.

Bases na páxina web. 

Martes Decembro 17, 2019
Start: 17/12/2019 08:50

Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"

Titorías da ESO

Start: 17/12/2019 11:40
End: 17/12/2019 13:40

O alumnado de primeiro curso de Ciclo superior de xestión forestal e do medio natural realiza a visita formativa dentro do módulo de Aproveitamentos forestais ao Mueso O Enredo do Abelleiro en Arzúa.

Mércores Decembro 18, 2019
Start: 18/12/2019 08:50
End: 18/12/2019 14:30

A mañá do 18 de decembro o alumnado de primeiro curso de CM e CS de Aproveitamentos e Xestión forestal e do medio natural realizan unha visita formativa ao Sequeiro de sementes de Carballo como formación complementaria dentro do módulo de xestión de viveiros forestais. CANCELADA POR ALERTA METEOROLÓXICA

Start: 18/12/2019 10:40
End: 18/12/2019 12:50

O alumnado de segundo curso de CM de aproveitamentos forestais realiza a visita formativa dentro do módulo de Aproveitamentos forestais ao Mueso O Enredo do Abelleiro en Arzúa.

Start: 18/12/2019 12:30

O día 18, na biblioteca do IES e no segundo recreo (12:30 horas), o equipo de dinamización lingüística da lingua galega fará entrega do premio a Tarxeta de Nadal máis votada.

Sorte a tod@s!!!

Xoves Decembro 19, 2019
Start: 19/12/2019 09:50
End: 19/12/2019 12:50

O alumnado de Ciclo superior e Ciclo medio de Xestión forestal e alumnado de 4º curso da ESO asisten en Santiago a visualización da película documental "O que arde" sobre a relación co lume nunha aldea lucense.

"Amador es un conocido pirómano gallego que ha sido acusado de causar un nuevo incendio. Lois, un joven bombero, explora las profundidades de un bosque en llamas. Sus destinos están vinculados por el poder de un misterioso fuego."

Venres Decembro 20, 2019
Start: 20/12/2019 09:00
End: 20/12/2019 11:00

O alumnado de segundo curso dos ciclos medio de aproveitamentos forestais e superior de xestión forestal e do medio natural visitan o parque de bombeiros de Arzúa.

A actividade consiste nunha charla sobre a organización dos incendios que teñen lugar na interface urbano-forestal.

Start: 20/12/2019 10:50

O ultimo día do trimestre ten lugar a entrega de boletíns de notas en tódolos niveis educativos do centro e  o alumnado da ESO e FP básica terán diferentes acitividades relacionadas coa temática de igualdade de xénero: películas no centro (1ºESO), cine en Santiago (2º e 3º da ESO) e talleres teatralizados (4º ESO e FPbásica).

Dexesarvos a tod@s FELICES VACACIÓNS DE NADAL!!!