Eventos
ACTIVIDADE POSPOSTA PARA O DÍA 3 DE DECEMBRO
A Consellería de Educación organiza o PROGRAMA DEPORTIVO XOGADE.
Celébrase en Castrofeito. O Pino, alumnado da ESO
Horario: a partir das 10:30
Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"
Titorías da ESO
A Consellería de Educación organiza o PROGRAMA DEPORTIVO XOGADE.
Celébrase en Castrofeito, O Pino. O alumnado que participa é 1º e 2º da ESO e unha representación de 3º da ESO (segundo data de nacemento).
Saímos dende o CEIP.
A Axencia galega de custodia do territorio imparte unha conferencia informativa a tódolos cursos dos Ciclos formativos de Xestión forestal e do medio natural e de Aproveitamentos forestais.
Podedes atopar máis información no seguinte enlace: https://www.custodiadoterritorio.org/
O día 4 de decembro, está organizado un taller formativo de Cruz Vermella sobre o VIH, dado que se está producindo un incremento de casos positivos entre a mocidade, neste caso dirixido a terceiro e cuarto da ESO. A quinta hora asisten os grupos de 3º da ESO e a sexta hora os grupos de 4º da ESO.
Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"
Titorías da ESO
Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"
Titorías da ESO
O alumnado de Formación profesional básica participa na primeira sesión dun taller formativo sobre prevención de adicción no uso das redes sociais e os xogos interactivos.
O taller está organizado polo departamento de orientación é impartido pola entidade AGALURE, especializados en ludopatías, en colaboración co concello de Arzúa.
O alumnado de 4º curso da ESO participa na primeira sesión dun taller formativo sobre prevención de adicción no uso das redes sociais e os xogos interactivos.
O taller está organizado polo departamento de orientación é impartido pola entidade AGALURE, especializados en ludopatías, en colaboración co concello de Arzúa.
O 16 de decembro remata o prazo para presentar as TARXETAS DE NADAL do concurso organizado polo departamento de dinamización lingüística da lingua galega.
As tarxetas poden ser multilingües, en calquera dos idiomas estudados no IES, empregando como mínimo o idioma galego.
Bases na páxina web.
Continuidade dos proxectos de COEDUACIÓN "De Ítaca a Ávalon e AECID"
Titorías da ESO
O alumnado de primeiro curso de Ciclo superior de xestión forestal e do medio natural realiza a visita formativa dentro do módulo de Aproveitamentos forestais ao Mueso O Enredo do Abelleiro en Arzúa.
A mañá do 18 de decembro o alumnado de primeiro curso de CM e CS de Aproveitamentos e Xestión forestal e do medio natural realizan unha visita formativa ao Sequeiro de sementes de Carballo como formación complementaria dentro do módulo de xestión de viveiros forestais. CANCELADA POR ALERTA METEOROLÓXICA
O alumnado de segundo curso de CM de aproveitamentos forestais realiza a visita formativa dentro do módulo de Aproveitamentos forestais ao Mueso O Enredo do Abelleiro en Arzúa.
O día 18, na biblioteca do IES e no segundo recreo (12:30 horas), o equipo de dinamización lingüística da lingua galega fará entrega do premio a Tarxeta de Nadal máis votada.
Sorte a tod@s!!!
O alumnado de Ciclo superior e Ciclo medio de Xestión forestal e alumnado de 4º curso da ESO asisten en Santiago a visualización da película documental "O que arde" sobre a relación co lume nunha aldea lucense.
"Amador es un conocido pirómano gallego que ha sido acusado de causar un nuevo incendio. Lois, un joven bombero, explora las profundidades de un bosque en llamas. Sus destinos están vinculados por el poder de un misterioso fuego."
O alumnado de segundo curso dos ciclos medio de aproveitamentos forestais e superior de xestión forestal e do medio natural visitan o parque de bombeiros de Arzúa.
A actividade consiste nunha charla sobre a organización dos incendios que teñen lugar na interface urbano-forestal.
O ultimo día do trimestre ten lugar a entrega de boletíns de notas en tódolos niveis educativos do centro e o alumnado da ESO e FP básica terán diferentes acitividades relacionadas coa temática de igualdade de xénero: películas no centro (1ºESO), cine en Santiago (2º e 3º da ESO) e talleres teatralizados (4º ESO e FPbásica).
Dexesarvos a tod@s FELICES VACACIÓNS DE NADAL!!!