Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Outubro 18, 2019
Start: 18/10/2019 13:40
End: 18/10/2019 14:30

O alumnado de 1º curso de BACH recibirá formación en materia de saúde sexual impartida pola doutora Iria Carreira Pazos. Estará centrada no coñecemento das infeccións de transmisión sexual e os métodos de prevención, así como formación nesta materia en xeral.

Este proxecto desenvólvese dentro da especialización de médicas residentes en Medicina Familiar e Comunitaria en Santiago de Compostela, e conta coa aprobación do Comité de Ética da Investigación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

 

Martes Outubro 22, 2019
Start: 22/10/2019 09:40

O alumnado de primeiro curso de bacherelato asistirá a unha charla formativa sobre enfermidades dexenerativas, neste caso a enfermidade de Alzheimer enmarcado dentro do Programa Red Paraugas Alzhéimer 4.0. interxeracional.

Trátase dun proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia e Agadea Alzheimer que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
Visita á Feira Talent Summit de orientación laboral no Pazo de Congresos e exposcións de Galicia

Luns Outubro 28, 2019
Start: 28/10/2019 08:50

Os días 28, 29 e 30 de outubro o alumnado de segundo curso de CM e CS de Xestión e aproveitamentos forestais viaxan aos espazos naturais da comarca de O Courel e Os Ancares en Lugo co obxecto de estudar e  coñecer flora, fauna, xeoloxía, xestión e figuras de protección de espazos naturais ... segundo o seu currículo formativo.

Martes Outubro 29, 2019
Start: 29/10/2019 09:30

Visita aos xulgados de Arzúa do alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas, co obxectivo de observar varios procesos xudiciais en casos relacionados co ciclo.

Start: 29/10/2019 11:00

Visita do alumnado de primeiro curso de CM de Aproveitamentos forestais e CS de Xestión forestal  a unha explotación forestal na parroquia de Villantime (Arzúa). Nesta parcela existen diferentes especies produtivas nas que se aplica o manexo silvícola.

Mércores Outubro 30, 2019
Start: 30/10/2019 12:30

Na biblioteca do IES, ás 12:30 (segundo recreo), o xurado emitirá o fallo do concurso de epitafios e de cabazas do SAMAÍN 2019 e procederá a entrega de premios por categoría.

Luns Novembro 11, 2019
Start: 11/11/2019 08:50
End: 11/11/2019 18:15

Saída do alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica e Economía ao parque eólico experimental de Sotavento e áreas de interese ambiental próximas.

Start: 11/11/2019 14:30
End: 11/11/2019 16:35

Proxección da película "Quiero ser como Becham" na biblioteca do IES en horario de 14:30 a 16:35 horas. A xornada iníciase cunha comida conxunta dos participantes e posterior visionado e comentario da película proxectada. 

Película:

Sinopse: Os pais de Jess (Parminder Nagra) queren que sexa unha convencional moza india, pero ela só quere xogar ao fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha moza da súa idade, convídaa a unirse ao equipo de fútbol feminino local. Os seus pais non entenden por que xoga ao fútbol no canto de estudar Dereito e aprender a cociñar, por que non tenta parecerse a Pinky (Panjabi), a súa irmá maior, que está prometida co home adecuado. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo mozo, o seu adestrador Joe (Meyers).

OBXECTIVO: ROMPER ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Martes Novembro 12, 2019
Start: 12/11/2019 12:50

O alumnado de 2º Curso de Bacharelato recibe a visita do psicólogo Daniel Caamaño. Esta actividade está organizada polo Departamento de Filosofía do IES de Arzúa e sempre é moi esperada por todo o alumnado polo seu gran aproveitamento. Grazas Daniel.

Mércores Novembro 13, 2019
Start: 13/11/2019 10:50
End: 13/11/2019 12:30

O alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e o alumnado da materia de Economía asisten a unha conferencia formativa sobre Comercio electrónico no IES de Arzúa.

Xoves Novembro 14, 2019
Start: 14/11/2019 12:50
End: 14/11/2019 14:30

Celebración do MAGOSTO no IES de Arzúa con xogos populares, castañas asadas, músicas...

Distribuir contido

Back to top