O venres 7 de outubro de 2011, ás 10:30 horas, celebrouse no I.E.S. Arcebispo Xelmírez II a conferencia “Hai simetría en todas partes... ata nos Sudokus”, a cargo do Prof. Dr. D. Adolfo Sánchez Valenzuela, doutor pola UNAM (Universidade Autónoma de Mexico) e pola universidade de Harvard (EE.UU.), que traballa actualmente no CIMAT de Guanajuato, México. Ademais, é membro da Academia Mexicana das Ciencias. Traballa en estudos sobre as simetrías e a xeometría na Física, aparte de ser un gran divulgador científico.