Skip to Content

Semana internacional en Geel (Bélxica)

Do 21 ao 27 de abril, dentro do proxecto Erasmus+ do centro, centrado na diversidade e na excelencia, un grupo de 10 alumnos e alumnas estiveron visitando o centro Sint Dimpna en Geel (Bélxica). Alí asistiron a unha xuntanza internacional con outros seis centros de catro países europeos, onde tiveron ocasión de coñecer as súas culturas e tradicións. Pola nosa parte, ademais, fixeron varias exposicións mostrando a cultura, tradicións e música galega ao resto de centros invitados. A viaxe completouse con visitas a Amberes e Bruxelas. O amplo abano de actividades, xunto co coñecemento de Bélxica e o aloxamento nas familias dos/doas compañeiros/as belgas, fixo desta saída unha experiencia que non imos esquecer.

bicicletas

grupo



page | by Dr. Radut