Curso de formación do proxecto Erasmus+ en Berlín
- Participamos en...:
No mes de xullo, entre o 4 e o 9, dous profesores do centro, Moisés Iglesias e José Luis Martín, participaron en Berlín nun curso de formación no marco do proxecto Erasmus + do centro, "Excelencia a través da inclusión".
O principal obxectivo do curso foi practicar con ferramentas TIC para a creación de contido e a xestión da aula, algunhas delas aplicacións xa consolidadas e outras menos coñecidas: Padlet (taboleiro), Miro (encerado virtual), Kapwing, OBS ou EdPuzzle (editores de vídeo e ferramentas para inserir cuestións nun vídeo educativo), ClassroomScreen (xestión de actividades na aula para pequenos grupos), Slido ou Mentimeter (creación de enquisas), Blooket (cuestionarios gamificados)...
Outros contidos tratados no curso estiveron relacionados coas competencias do alumnado para o século XXI, as licenzas Creative Commons ou os diferentes modelos de flipped classroom existentes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20220709_181812225_iOS.jpg | 207.32 KB |
20220705_071845523_iOS.jpg | 175.01 KB |
20220706_071257007_iOS.jpg | 176.16 KB |
20220707_203244495_iOS.jpg | 180.43 KB |