Visita ao St. Brogan’s College en Bandon (Cork, Irlanda)
- Participamos en...:
As profesoras do centro Alicia Domínguez e Sofía Paleo visitaron entre os días 23 e 27 de maio de 2022 o centro de educación secundaria St. Brogan’s College, na localidade irlandesa de Bandon, condado de Cork. Dita mobilidade enmárcase dentro do programa europeo Erasmus+.
O obxectivo da visita foi a realización dunha estadía de observación durante a cal as docentes puideron coñecer de primeira man o funcionamento e organización do centro de destino e intercambiar experiencias co profesorado anfitrión. A asistencia a clases de diversas materias e niveis permitiulles identificar certas estratexias positivas de atención á diversidade e o xeito en que a inclusión é abordada no centro.