Ficha 8: Hoxe damos a clase nós
Dentro da materia de plástica e durante este mes de maio están a desenvolverse carteis que darán resposta á proposta feita na Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual deseñando carteis que promovan os valores do respecto á diversidade sexual e, tamén, un colofón perfecto para o traballo desenvolto neste Plan Proxecta: contribuir á difusión dos temas abordados neste plan proxecta. Unha pequena mostra de bocetos destes carteis amósase nas fotos adxuntadas.
Para a difusión destes traballos creouse unha conta en Instagram onde pódense ver parte dos traballos desenvoltos por alumnado de 3ºESO e tamén de 4ºESO (alumnado que participou o ano pasado neste mesmo proxecto e que acolleo de moi bo agrado a proposta feita desde a materia de plástica). A conta en Instagram é:
@diversas.xelmirezII
sustituíndo a inicialmente creada @diversidadexelmirez2
Ademais estaba previsto desenvolver, na primeira quincena de xuño, unha exposición de parte destes traballos, que podería ser visualizada por toda a comunidade educativa do centro, o que pensamos sería un colofón perfecto ao proxecto. Esta exposición, finalmente, non se levou a cabo pola falta de tempo para imprimir os carteis con calidade e poder ser expostos antes de finalizar as clases. De cara ao ano que ven, teremos en conta isto como mellora a realizar no proxecto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_6689.JPG | 169.78 KB |
IMG_6690.JPG | 196.59 KB |