Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para o curso escolar 2018/2019
As familias poderán solicitar a partir de mañá as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, ou ben participar no Fondo Solidario de Libros de Texto.
Achégase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
- Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio)