Presentación
O programa de aprendizaxe permanente (LLP) COMENIUS ten como finalidade promover as relacións entre países no ámbito da educación infantil, primaria e secundaria a través de proxectos comúns e visitas de profesores e alumnos/as aos centros asociados ao proxecto.
Este ano 2013, aprobouse a participación do IES A. Xelmírez I como centro asociado a 2 proxectos europeos COMENIUS que se desenvolverán ao longo de dous anos (2013-2015).
Os proxectos son os seguintes: Eden is Near us (O Edén está ao noso carón) e The Heritage of Cultures and Traditions in a Pluralistic Society – Religious Traditions (A herdanza de culturas e tradicións nunha Sociedade Plural – Tradicións Relixiosas).
Ø O proxecto Eden is near us (O Edén está ao noso carón) ten como finalidade promover a importancia das areas protexidas en cada unha das rexións europeas as que pertencen os países asociados e maximizar o seu potencial xa que son esenciais para a conservación da biodiversidade nacional e global. O proxecto está coordinado polo profesor de Bioloxía Manuel Antonio Fernández Domínguez.
O centro coordinador do proxecto é:
Colegiul Tehnic General Gheorghe Magheru, Târgu-Jiu (Romanía)
Os centros asociados son:
Šolski Center Velenje, Velenje (Eslovenia)
Kozakli Anadolu Lisesi, Nevşehir (Turquía)
2nd Gymnasio Kalamarias, Kalamaria (Grecia)
IES Arcebispo Xelmírez I, Santiago de Compostela (España)
|