Skip to Content

Santiago gañador do Certame de Climántica, avalado por la UNESCO

O IES Xelmirez I de Santiago gaña o primeiro premio dun certame internacional de Climántica, avalado pola UNESCO e enmarcado en Erasmus+, no que participaron 1.500 estudantes de América Latina, Europa e África

O 21 de mayo Climántica organizou o I Certame Internacional de Curtametraxes que baixo o título “Respostas Educativas ao Cambio Climático na Diversidade Cultural e Biológica-Certame de Curtametraxes” foi patrocinado pola UNESCO. Neste certame o IES Arcebispo Xelmírez I resultou entre os 13 finalistas cuxas curtametraxes se proxectaron, se defenderon e foron avaliados ao longo do evento por un xurado presidido por José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía Social da USC. Neste evento, que encaixa perfectamente co espíritu Erasmus + do que este proxecto quedou número 1 na avaliación do SEPIE nas dúas modalidades extraordinarias de innovación KA 226 e KA 227, participaron estudantes de oito comunidades autónomas, xunto con outras institucións educativas de Europa, América e África.

Ao finalizar o acto, o xurado comunicou a súa deción unánime de outorgar o Premio á curtametraxe: "El impacto de las especies foráneas en Galicia",

(http://congresovirtual.climantica.org/2021/05/16/el-impacto-de-las-especies-foraneas-en-galicia-certamen-clmntk21/ ) da autoría das alumnas e alumnos do IES A. Xelmirez I de Santiago de Compostela, conciliando a denuncia coa reivindicación dun mellor futuro para Galiza ante os perigos que ameazan a súa biodiversidade, o equilibrio atmosférico e, mesmo a vida humana, en parte provocados por unha "política de repoboación equivocada", baseada na plantación de monocultivos de piñeiros e eucaliptos, foco de riscos medioambientais como os que se asocian aos incendios forestais que asolan o país nas últimas décadas. Un relato orixinal, comprometido, con sentido e sensibilidade, científicamente ben documentado e tecnicamente moi ben resolto.

O evento, que xuntou a celebración dos días mundiais da diversidade cultural e biolóxica, estivo presentado pola enxeñeira aeroespacial Úrsula Martínez, graduada en enxenaría aeroespacial e técnica do equipo de Climántica. Na inauguración oficial interviñeron os reitores das dúas universidades coorganizadoras: Antonio López, Reitor da USC e Paulo Jorge Ferreira, da Universidade de Aveiro, ademais de Alfonso Gentil, Director do SEPIE, e Francisco Sóñora, director do Proxecto Climántica, quen salientou a importancia da masiva participación de estudantes de tres continentes e a obtención do aval da Comisión Nacional de Cooperación coa UNESCO.

Entre as actividades do evento, proxectáronse as curtametraxes finalistas e o xurado reuniuse para deliberar nunha sala virtual aportada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Ao final do coloquio compareceu o presidente do xurado, José Antonio Caride, para anunciar a decisión adaptada por unanimidade. O xurado estivo conformado por: Enrique Castelló - Profesor Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC, Emilio Fernández - Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Carmen Pilar García Montes - Inspectora de Educación e Xefa de Servizo de Ordenación de Ensinanzas en rexime xeral da Junta de Andalucía, José Manuel Gutiérrez Bastida - Asesor Pedagóxico en Ingurugela-CEIDA - Servizo de Educación Ambiental do País Vasco, Tareixa Navaza -xornalista- Cadena SER e Televisión Española en Galicia, Pedro Pombo -Director do Centro de Divulgación Científica Fábrica de Ciencia Viva e da U. de Aveiro, María José Rodríguez- Responsábel da Área de E-Learning e Colaboración - Centro de Supercomputación de Galicia (TIC).

No momento de informar do fallo do xurado, o presidente salientou a participación de máis de 1.500 estudantes con centos de curtametraxes, que permiten viaxar por todo o mundo, especialmente por tres continentes (África, Europa e América Latina), con ducias de profesores e centros educativos implicados.

Decidiuse que, para alén dos Premios concedidos, co diploma e o trofeo acreditativo que será entregado no Campus de Climántica a celebrar en la Universidad de Aveiro en 2022, se incremente para cada un dos centros aos que se adscriben as obras premiadas, o número de potenciais participantes nese Campus. Tamén se propuxo que nas próximas edicións do Certame se incorporen como membros do xurado que se constitúa, a tres dos estudiantes premiados.



page | by Dr. Radut