Skip to Content

RadioClic! - Histoire de...

Dende este curso escolar, a biblioteca ten una nova liña de traballo: a Radio na biblio. De feito, o alumnado de 4º da ESO que asiste a clases de Alemán e Francés puido realizar actividades introdutorias á proposta deste ano, visitando o campo de concentración de Dachau (Baviera) e o Museo da Resistencia e da Deportación de Besançon.
Por outra banda, ao longo do curso tiveron lugar algunhas actividades que se expuxeron na entrada e na fachada do instituto, como a exposición sobre as Mulleres na shoah, as cartas de soldados franceses na 1º Guerra Mundial ou o cartel feito en homenaxe a Luísa Villalta e os podcasts sobre a súa figura, con que o instituto gañou dous premios.
Finalmente, a maioría do alumnado da ESO e do bacharelato gozou da Matinée Théâtrale do Departamento de Francés, onde se tratou en profundidade o tema do proxecto da Radio na biblio e onde se interpretaron obras de realización propia, obras coñecidas e una canción de creación propia, realizada conxuntamente polo alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º CM VDJ, guiado polos departamentos de Alemán, Castelán, Educación física, Francés, Galego, Imaxe e son, Inglés e Música.
Cómpre sinalar que a Matinée, xunto coa sección bilingüe de Historia, dada en francés, foron as que determinaron o tema da Radio na biblio deste ano. Algúns dos traballos realizados para a Matinée e a maioría dos que se levaron a cabo na sección bilingüe están incluídos na nosa proposta, que se compón de catro proxectos conectados entre si (os tres primeiros acaban integrados no último).
Estiveron implicados dous de cada tres departamentos, así como 42,2% do alumnado, incluídos os programas para adultos, de FP básica e ciclos medios ordinarios e modulares.

Pasos do proxecto:
1. RadioClic!
2. Luísa Villalta
3.1. Canción
3.2. Videoclip
4.1. Histoire de...
4.2. Colossus
4.3. Museo da Revolución
4.4. Lucie Aubrac e Jour J
4.5. News – La Rafle du Vel d’Hiv
4.6. Radio Londres – Appel de Charles de Gaulle

 

WEB - Centro de María José Nieto Calviño



story | by Dr. Radut