AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
Preme aquí se queres ler unha guía de uso da aplicación.
VIDEOS DE INTERESE:
No seguinte vídeo podedes ver como se fai a instalación é o rexistro.
AbalarMóbil tamén permite consultar cualificacións, recibir avisos e notificacións do centro, xustificar faltas de asistencia ou pagar taxas do comedor entre outras funcións. No seguinte vídeo tedes un titorial coa información.