Skip to Content

Taboleiro

SOLICITUDE DE KITS EDUCA EN DIXITAL CURSO 2024/25

O programa "Educa en Dixital" atende as necesidades do alumnado sen recursos e en situación de vulnerabilidade, e que debido ás esixencias propias do curso no que se atopa escolarizado, precise dispoñer no seu domicilio dun equipo informático.

A asignación dos kits realizarase en base a estes aspectos, polo que pedimos a aquelas familias que non cumpran estes requisitos, que se absteñan de solicitalos.

As familias do alumnado que si se atope nestas situacións, deberán entregar na Secretaría do centro, debidamente cuberto, o impreso que se achega (é autoeditable, polo que se pode encher directamente no ordenador, móbil ou tableta). Prema aquí para a súa descarga.

 O prazo de presentación de solicitudes para o presente curso remata o 4 de outubro de 2024.

Presentación alumnado Curso 2024/2025

Preme na imaxe para ver o horario de presentacións do alumnado (mércores 11 de setembro)

Programa de Becas da fundación Amancio Ortega

Nesta ligazón podes atopar información referente ás becas otorgadas pola fundación Amancio Ortega-

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes

Xa podes obter toda a información necesaria sobre o Calendario de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Ourense (e A Coruña e Vigo) premendo nesta ligazón

Programa de orientación académica e profesional

Preme na seguinte ligazón para ver unha ampla información sobre tódolos estudos aos que teredes acceso en cada ciclo completado, etc.

Prazos de admisión en FP

Admisión a formación profesional 2024-2025

Prazos admisión FP Basica: ligazón

Prazos admisión Dual intensiva: ligazón

Prazos admisión ordinaria modular: ligazón

Prazos admisión cursos de especialización: ligazón

 

Podes atopar información complementaria premendo aquí.

PROCEDEMENTO E PAGO DE TAXAS DO TÍTULO DE BACHARELATO

O pagamento debe realizarse a través da seguinte ligazón:

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

Pinchando en INICIAR TAXA (candado aberto) xérase un impreso de autoliquidación de taxas que debemos ir cumplimentando do seguinte xeito:

DATOS DA TAXA:

  • Consellería: CULTURA, EDUCACIÓN, FP E UNIVERSIDADES 

  • DelegaciónOURENSE 

  • Servizo: ENSINO MEDIO 

  • Taxa: EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS POLA LOE E OS SEUS DUPLICADOS 

  • Obxecto de pago: TÍTULO DE BACHARELATO DE (nome do/a alumno/a) 

  • DATOS PAGO: 54€ taxa xeral, 27´03 familia numerosa 0€ familia numerosa especial. 

     

MOI IMPORTANTE:

  • A data de pagamento debe ser posterior á data de publicación das cualificacións da avaliación final (peche de actas por parte do centro educativo). Dende o centro recomendamos facer o pagamento o día 16 de maio, para ter oportunidade de resolver problemas o día 20. 

  • En caso de realizar o pago telemático: o único xustificante de pago válido é o modelo 730-731 que se pode descargar en versión PDF no apartado Cidadáns-Pago de taxas e prezos-Operacións realizadas. 

  • No momento do pago, a aplicación xera un recibo de pago con tarxeta; en ningún caso este recibo será xustificante de pago das taxas (de feito en dito recibo non consta o obxecto de pago da taxa), o que debe presentar no centro educativo é o modelo 730-731 que se descarga como se explica anteriormente 

Distribuir contido


by Dr. Radut