Skip to Content

FONDOLIBROS 24/25

FONDOLIBROS 24/25

Na seguinte ligazón atoparás información relativa á adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso (24/25).

Resumo da presentación:

Prazo de presentación de solicitudes: do 21/05/24 a 21/06/24, incluídos.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (prema aquí e recorde que é preciso facer unha solicitude individual por cada fillo/a) ou presencialmente no propio centro educativo. Neste último caso será preciso cumplimentar os seguintes arquivos (Anexo I e II) e presentalos directamente no noso centro.

Texto da convocatoria: Orde do 7 de maio de 2024

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut