XEOGRAFÍA Directrices xerais No documento que se presenta a continuación quedan reflectidas as directrices e
orientacións asumidas polo Grupo de Traballo de Xeografía para o
CURSO ACADÉMICO
2011-2012
.
1. Marco lexislativo A lexislación correspondente
(Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a
ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 23 de
xuño de 2008)
establece o currículo de Xeografía de 2º de bacharelato, de onde se
desprenden a) os OBXECTIVOS que debe alcanzar o ensino da Xeografía e b) os CONTIDOS; polo tanto, qué debe ensinarse e qué debe aprender e coñecer o alumno. Tendo como marco de referencia a lexislación vixente que regula as probas e as condicións de acceso aos ensinos de grao, e os procedementos de admisión ás universidades do Sistema Universitario de Galicia, non debe esquecerse que o modelo de exame condiciona o ensino da materia; por iso entendemos que deban terse presente os obxectivos do ensino da Xeografía ao elaborarmos os modelos de exame, e con esa meta presentamos
estas NOVAS DIRECTRICES E ORIENTACIÓNS PARA O CURSO 2011-2012
.
2. Desenvolvemento do currículo De acordo co establecido na normativa vixente, a materia de Xeografía estrutura os contidos en seis bloques: o primeiro é de contidos comúns e abrangue as destrezas e
procedementos propios da Xeografía, e os cinco
restantes corresponden a contidos
específicos.
2.1. Desenvolvemento dos bloques de contidos específicos Cada bloque de coñecemento contén os temas
correspondentes, cunha proposta de
desenvolvemento que chamaremos esquema da unidade
. Ademais de acoutar uns temas
para converterse na pregunta teórica (relación axunta), uns exercicios prácticos
que
serán os modelos a seguir no exames e o vocabulario
propio do tema, conceptos dos que
sairá a primeira cuestión do citado exame. A continuación incluímos unha relación de
enlaces
recomendados para cada tema.
BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA
TEMA 1
Diversidade xeolóxica e morfolóxica.
ESQUEMA DA UNIDADE 1.1. Formación e evolución xeolóxica. 1.2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial. 1.3. Unidades morfoestruturais. 1.4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo. 1.5. Relevo insular. TEMA (pregunta teórica) ·
Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas
Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais. -
Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das
Illas (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario).
-
Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de
pregamento, cuncas sedimentarias.
PRÁCTICOS -
Comentario guiado dun fragmento de mapa topográfico: identificación das
coordenadas xeográficas, máximas e mínimas altitudes, zonas de maiores e menores pendentes, principais cursos fluviais e orientación dos mesmos.
-
Comentario de perfís topográficos: N-S, E-O, Pireneos-Val do Ebro.
-
Mapa litolóxico de España.
-
Mapa de unidades xeotectónicas de España.
-
Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico, cárstico, glaciar ou volcánico.
-
Imaxes identificativas: pedras cabaleiras, badlands, páramos, canóns.
-
Esquemas do relevo costeiro: costa mediterránea.
VOCABULARIO Aluvión /Foz/Litosfera/Meseta/ Penechaira / Somontano / Tectónica de placas (7) TEMA 2
Diversidade climática
ESQUEMA DA UNIDADE 2.1. Factores xeográficos e termodinámicos do clima. 2.2. Tipos de tempo. 2.3. Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical. TEMA (pregunta teórica) ·
Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España. -
Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo.
- Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream
) e en superficie
(centros de acción, masas de aire, frontes).
PRÁCTICOS -
Mapas do tempo en superficie: advección do Oeste, anticiclón de verán e gota fría.
-
Mapas de temperaturas e precipitacións medias.
-
Mapa dos climas de España.
-
Climogramas: análise de temperaturas, precipitacións e aridez; factores que
inflúen no clima; influencia no medio; tipos de climas e localización xeográfica dos mesmos.
VOCABULARIO Aridez / Barlovento / Inversión térmica / Isóbara / Isohieta / Umbria (6) TEMA 3
Diversidade hídrica
ESQUEMA DA UNIDADE 3.1. Concas hidrográficas e tipos de réxime fluvial. 3.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras. 3.3. Problemática dos recursos hídricos: transvases, desalinización, recuperación de acuíferos, saneamento dos ríos. TEMA (pregunta teórica) ·
Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións. -
Os transvases.
-
A desalinización.
-
A recuperación de acuíferos.
-
O saneamento dos ríos.
PRÁCTICOS -
Comentario de hidrogramas (nival, nivo-pluvial, pluvio-nival, pluvial oceánico,
pluvial mediterráneo).
-
Análise das concas hidrográficas do Ebro e Guadalquivir: localización dos
principais ríos e posibles réximes fluviais
-
Comentario dun mapa dos recursos hídricos da península.
VOCABULARIO Cunca fluvial / Estiaxe / Marisma (3). TEMA 4
Diversidade bioxeográfica.
ESQUEMA DA UNIDADE 4.1. Factores da diversidade bioxeográfica. 4.2. Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña. 4.3. O solo: composición e valor do solo. TEMA (pregunta teórica) ·
Factores da diversidade bioxeográfica. -
Situación xeográfica e procesos naturais.
-
Acción antrópica.
PRÁCTICOS -
Mapas de distribución de carballo, sobreira, faia e aciñeira.
- Gráficos comparativos de cliseries
.
-
Mapa de rexións bioxeográficas.
-
Comentario dunha imaxe de paisaxe natural: mediterránea, de montaña e das illas
Canarias.
VOCABULARIO Laurisilva / Maquis / Vexetación clímax / Vexetación antrópica (4). TEMA 5
Natureza e medio ambiente de Galicia
ESQUEMA DA UNIDADE 5.1. O relevo de Galicia 5.2. Os climas e o medio natural de Galicia TEMA (pregunta teórica) ·
Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación. -
Diversidade climática.
-
Os ríos de Galicia.
-
A diversidade bioxeográfica.
PRÁCTICOS -
Comentario dun perfil topográfico O-E.
-
Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e
tipoloxía das rías).
VOCABULARIO Esteiro / Landa / Ría / Tómbolo (4) TEMA 6
Riscos e problemas ambientais
ESQUEMA DA UNIDADE 6.1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio climático, pegada ecolóxica. 5.2. Respostas e solucións cara á sustentabilidade. 5.3. A paisaxe:recurso común, interpretación e transformacións recentes. 5.4. O patrimonio natural español e categorías de protección. TEMA (pregunta teórica) ·
Repercusións ambientais da acción humana: -
Contaminación.
-
Cambio climático.
-
Pegada ecolóxica.
PRÁCTICOS Os mapas poderán estar referidos a España ou Galicia. -
Mapas de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas).
-
Estatísticas e mapas de erosión dos solos, desertización e incendios forestais.
-
Comentario guiado de informes ou notas de prensa sobre contaminación.
-
Mapas dos espazos protexidos (parques nacionais, parques naturais, reservas da
biosfera).
VOCABULARIO Avaliación de impacto ambiental / Ecosistema / Efecto invernadoiro / Paisaxe (4) BLOQUE II. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA
TEMA 1
Cambios e permanencias no sector primario
ESQUEMA DA UNIDADE 1.1. Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos. 1.2. A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (U.E.) 1.3. O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións. 1.4. A explotación dos bosques. 1.5. As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña. 1.6. A pesca e os espazos pesqueiros. TEMAS (pregunta teórica) ·
Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos: -
Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes
usos do solo.
-
Factores: condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo e
subtropical e áreas montañosas e chairas) e estrutura da propiedade.
·
Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: -
A poboación rural
-
As explotacións agrarias
-
Técnicas e sistemas agrarios
-
Estrutura gandeira
-
Política Agrícola Común.
PRÁCTICOS -
Comentario e localización dunha paisaxe agraria e humanizada, a través de
fotografía aérea ou outros medios de reprodución.
-
Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros).
-
Gráficos e mapas sobre a produción agraria, gandeira ou pesqueira, e poboación
ocupada nestes sectores.
VOCABULARIO Acuicultura/ Agricultura ecolóxica/ Denominación de orixe/ Desagrarización/ Explotación intensiva / Política Agrícola Común (PAC)/ Política Pesqueira Comunitaria (PPC)/ Silvicultura / Transxénicos. (9) TEMA 2
A reestruturación dos espazos industriais.
ESQUEMA DA UNIDADE 2.1. Proceso e factores da industrialización española. 2.2. O tecido industrial español e os seus contrastes. 2.3. Gran variedade de paisaxes industriais. 2.3.1. Áreas de antiga industrialización. 2.3.2.En áreas urbanas e rurais. 2.3.3. Paisaxes da innovación. 2.4. Situación actual da industria: desafíos e globalización. 2.5. A enerxía: a diversidade de fontes de enerxía. TEMA (pregunta teórica) ·
Situación actual da industria en España e Galicia. -
Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e
consecuencias da incorporación á Unión Europea.
-
Tendencias recentes da industria en España: globalización e
deslocalización.
PRÁCTICOS -
Comentario dunha paisaxe industrial e humanizada (fotografía).
-
Mapas ou planos sobre factores de localización industrial.
-
Mapas e gráficos de produción mineira, industrial, enerxética e principais áreas
industriais de España e Galicia.
-
Mapas e gráficos de poboación ocupada nas actividades mineiras e industriais en
España e Galicia.
VOCABULARIO Economías de escala/ Enerxías renovables/ Difusión industrial/ Fondos estruturais/ Subcontratación/ Industrias verdes/ Materias primas estratéxicas / Parque tecnolóxico. (8) TEMA 3
España unha economía de servizos.
ESQUEMA DA UNIDADE 3.1. Terciarización da economía e sociedade do benestar. 3.2. Distribución comercial e espazos do consumo. 3.3. Os servizos financeiros a súa organización espacial e a balanza de pagamentos. 3.4. Transporte e comunicacións. 3.5. Os espazos turísticos. 3.5.1. Paisaxes turísticas. 3.5.2. Impactos e políticas de ordenación. TEMA (pregunta teórica) ·
Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España e
Galicia. -
Características do sector terciario.
-
Causas da terciarización.
-
Contrastes na localización dos servizos.
PRÁCTICOS -
Comentario de paisaxes turísticas.
-
Mapas da distribución de redes e infraestruturas do transporte (AVE, autoestradas,
autovías, portos e aeroportos).
-
Mapas ou gráficos do movemento de viaxeiros.
-
Mapas ou gráficos sobre a distribución e tendencias do turismo
-
Gráficas sobre a evolución do comercio exterior e/ou interior.
-
Gráficos e estudos sobre o impacto da sociedade da información.
VOCABULARIO Balanza de pagamentos/ Economía somerxida/ Ecoturismo/ Franquicia/ Plan Estratéxico
de Infraestruturas do Transporte (PEIT)/ Taxas aeroportuarias/ Tour operadores
. (7)
BLOQUE III A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN
TEMA 1
A poboación española.
ESQUEMA DA UNIDADE 1.1. Dinámica da poboación. 1.2. Os movementos naturais da poboación. 1.3. Mobilidade espacial da poboación e debate sobre a inmigración. 1.4. A estrutura demográfica: idade, sexo e actividade económica. 1.5. Distribución espacial. TEMAS (pregunta teórica) · Movementos naturais da poboación
.
-
Natalidade, mortalidade e fecundidade no réxime demográfico
actual.
-
Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación.
· Mobilidade espacial da poboación
.
-
O éxodo rural.
-
A inmigración.
PRÁCTICOS -
Calcular e analizar o índice sintético de fecundidade dun concello, provincia, etc.a
partir dos datos do INE ou IGE.
-
Comentar e comparar pirámides de poboación.
-
Gráfica da evolución da poboación activa de España, Galicia, nos últimos 25 anos.
-
Gráfica da transición demográfica en España.
-
Gráfica ou estatísticas coa variable de xénero (actividade, estudos ... feminina).
-
Mapas das porcentaxes de inmigrantes por provincia ou CCAA.
-
Gráfica da emigración galega.
-
Mapas e gráficos de ocupación por sectores económicos.
VOCABULARIO Poboación Activa, Esperanza de Vida, Réxime Demográfico, Censo de Poboación, Saldo Migratorio, Taxa de Fecundidade, Transición Demográfica, Padrón Municipal. (8) TEMA 2
O sistema urbano.
ESQUEMA DA UNIDADE 2.1. O proceso de urbanización en España. 2.1.1. Concepto de cidade. 2.1.2. Axentes sociais urbanos. 2.1.3. Urbanismo e ordenación do territorio. 2.1.4. Morfoloxía urbana (tipos de planos). 2.1.5. Funcións urbanas. 2.2. Fenómeno urbano en España. 2.2.1. A cidade preindustrial, 2.2.2. A cidade industrial, 2.2.3. A cidade postindustrial. 2.2.4. Xerarquías e redes urbanas en España. 2.3. Transformacións recentes na estrutura das cidades. 2.3.1. Cidade difusa. 2.3.2. Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación). 2.3.3. Cambios de uso no solo urbano. 2.4. Impacto ambiental da urbanización. TEMAS (pregunta teórica) · Urbanismo e ordenación do territorio en España e Galicia
.
-
Axentes sociais.
-
Planeamento urbanístico.
·
Transformacións recentes na estrutura das cidades. -
Cidade difusa -
Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).
-
Cambios de uso no solo urbano.
PRÁCTICOS -
Comentario plano urbano sinalando as súas partes e a evolución histórica.
(Barcelona, Toledo, Vitoria, Madrid).
-
Paisaxe: comentario dun espazo urbano (alturas, tipoloxías, problemas económicos
e sociais).
-
Comentario de textos e informes sobre a planificación urbana, os problemas da
especulación e a crise inmobiliaria.
-
Mapa do sistema urbano en España e en Europa.
-
Mapa do subsistema urbano galego.
VOCABULARIO Área suburbana/ Área metropolitana/ Cualificación do solo/ Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) / Unidade Veciñal de Absorción (UVA)/ Xentrificación. (6) BLOQUE IV A ORGANIZACIÓN POLÍTICA-ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA, CONTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS.
TEMA 1
Organización político-administrativa actual española.
ESQUEMA DA UNIDADE 1.1. Evolución histórica. 1.2. Formas de goberno. A democracia. 1.3. A organización territorial do Estado español. a) Comunidades autónomas. b) Poder local: a administración provincial e municipal. TEMA 2
Contrastes e políticas rexionais en España
ESQUEMA DA UNIDADE 2.1. Antecedentes históricos. 2.2. Desequilibrios territoriais. 2.3. Factores de transformacións. 2.4. Políticas rexionais. TEMA (pregunta teórica) ·
Contrastes e políticas rexionais en España. - Antecedentes históricos. - Desequilibrios territoriais. - Factores de transformacións. - Políticas rexionais. PRÁCTICOS -
Comentario dun texto de actualidade sobre algunha cuestión referente a
problemática das competencias entre municipios, CC.AA. e Estado central.
-
Mapa de crecemento do PIB das CC.AA.
-
Gráfica de índices de benestar social das CC.AA.
VOCABULARIO Parroquia, Municipio, Provincia, Comunidade Autónoma, Estatuto de autonomía (5). BLOQUE V. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO
TEMA 1 Unión Europea
.
ESQUEMA DA UNIDADE 3.1. Institucións e órganos da UE 3.2. A construción da UE 3.3. España no contexto da UE e balance da adhesión. TEMA 2
España no mundo.
ESQUEMA DA UNIDADE 4.1. Globalización económica. 4.2. O novo escenario xeopolítico. a) Desigualdade no mundo b) Comercio desigual, débeda externa c) Posición de España no mundo 4.3. Posición relativa de España no mundo. TEMA (pregunta teórica) ·
O novo escenario xeopolítico: - Desigualdade no mundo. - Comercio desigual, débeda externa. - Posición de España no mundo. PRÁCTICOS -
Comentario dun texto de actualidade sobre distintas problemáticas entre Estado e
U.E.
-
Mapa do PIB per cápita en Europa e no mundo.
-
Gráfica de débeda externa total por rexións do mundo.
-
Mapa de espazos centrais e periféricos no mundo.
-
Gráfica ou táboa do Índice de desenvolvemento humano no mundo.
VOCABULARIO Comisión europea, Movementos antiglobalización, Obxectivos do Milenio, Xeopolítica (4). BIBLIOGRAFÍA BIELZA DE ORY, V. (dir.) (1989): Territorio y Sociedad en España. Madrid, Taurus (2 vols.). BOSQUE CANDEL, R. (2005): Síntesis de Geografía de España. Madrid, Globo. COLECCIÓN “GEOGRAFÍA DE ESPAÑA”. Madrid, Síntesis, 1988 -1990 (18 tomos). FERNÁNDEZ CUESTA, G. (1999) Atlas industrial de España: desequilibrios territoriales y localización de la industria. Oviedo, Editorial Nobel
FRANCO ALIAGA, T. (2010): Geografía de España (Física Humana y Económica)
. Madrid, Proyectos Córydon. FRANCO ALIAGA, T. (2004): Atlas Temático de España. Madrid, Proyectos Córydon FRANCO ALIAGA, T. y LÓPEZ-DAVALILLO LARREA, J. (2006): Guía Práctica de
Geografía
de España.
GIL OLCINA, A. e GÓMEZ MENDOZA, J. (cord.) (2000): Geografía de España. Barcelona, Ariel. GÓMEZ BENITO, C. e GONZÁLEZ, J.J. (2002): Agricultura y sociedad en el cambio de siglo. Barcelona, McGraw Hill. GONZÁLEZ, J. J. y REQUENA, M.(eds) (2006): Tres décadas de cambio social en España. Madrid, Alianza Editorial. GRAN ATLAS DE ESPAÑA (1989). Barcelona, Planeta (7 tomos). GRUPO ADUAR (2000): Diccionario de Geografía Urbana. Barcelona, Ariel. INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL (2002): Imagen y paisaje. Atlas Nacional de España. Centro Nacional de Información Geográfica, Ministerio de Fomento. M.A.PA. (2004): Atlas de la España Rural. MARTÍN VIDE, J. (1984): Interpretación de los mapas del tiempo. Ketres, Barcelona. MARTÍN VIDE, J. (2005): Los mapas del tiempo. Davinci, Mataró. MATA OLMO, R. e SANZ HERRÁIZ, C. (crds.) (2003): Atlas de los paisajes de España. Madrid, Ministerio de Fomento. MÉNDEZ, R. e MOLINERO, F. (1993): Geografía de España. Barcelona, Ariel. PAZO LABRADOR, A.J. (2007): Nocións básicas de Xeografía Xeral Física para Mestres. As consecuencias xeográficas dos procesos naturais. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. SERRANO MARTÍNEZ, J.M. (2003): España en el nuevo milenio: realidad territorial y retos pendientes. Murcia, Universidad de Murcia. SOTELO NAVALPOTRO, J.A. e GARCÍA ALVARADO, J.M. (1999): La España de las Autonomías. Madrid, Síntesis. TERÁN, M. de e outros (1994): Geografía General de España. Barcelona, Ariel. VILÁ VALENTÍ, J. (1983): La Península Ibérica. Barcelona, Ariel. ZÁRATE MARTÍN, M. A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2009): Geografía Humana. Sociedad, Economía y Territorio. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid. ZÁRATE MARTÍN, M. A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2006): Glosario prácticas de Geografía Humana. Centro de estudios Ramón Areces, Madrid.
Sobre Galicia: ALDREY VÁZQUEZ, J.A. e LOIS GONZÁLEZ, R.C. (2010). Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. ATLAS DE GALICIA (1982). Sada, Sálvora, dous tomos. ATLAS DE GALICIA (1994). Vigo, Nigra. DICCIONARIO GALEGO DE XEOGRAFÍA (1993). Santiago, Xunta de Galicia. PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Vigo, Galaxia. PRECEDO, A. Y SANCHO, J. (2001): Atlas de Galicia. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. PROYECTO GALICIA. GEOGRAFÍA. A Coruña, Hércules de Ediciones, S.A. (varias datas, varios tomos). SOUTO GONZÁLEZ, X.M. (1988): Xeografía Humana. Vigo, Galaxia. TORRES LUNA, M.P. de, PAZO LABRADOR, A.J. e SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Santiago, Universidade. ALGÚNS ENLACES RECOMENDADOS XENÉRICOS Naturaleza educativa Blog didáctica geográfica Libro digital de geografía Materiales didáctica para geografía Blog profesor galego de xeografía España a traves dos mapas Blog profesor de xeografía Proxecto Galicia 2010 Instituto xeográfico nacional BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA TEMA 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica Comentario dun mapa topográfico O relevo da Península Ibérica Unidades xeotectónicas Rochedo e modelado Dicionario de xeografía física TEMA 2 Diversidade climática Mapa de precipitación media en España Mapa de temperaturas medias en España Mapa de tipos de clima en España Comentarios de mapas do tempo Climogramas-tipo Elementos e factores do clima Comentario dun mapa do tempo
Comentario dun climograma /
outro modelo
TEMA 3 e 4 Diversidade hídrica e bioxeográfica. Mapa de rexións bioxeográficas Mapa de solos de España Mapa e gráficos de tipos de réxime fluvial Rexións bioxeográficas Bioxeografía en España Os solos de España Hidrografía en España Comentario dun hidrograma TEMA 4A Xeografía física de Galicia Atlas Climático de Galicia Información sobre as illas Cíes TEMA 5 Riscos e problemas ambientais Contaminación de ríos en España Residuos sólidos urbanos Mapa de perigosidade sísmica Mapa de riscos de desertificación Mapas de riscos en xeral Paisaxes naturais e problemas medioambientais Riscos naturais en España Pegada ecolóxica BLOQUE II. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA TEMA 1 Cambios e permanencias no sector primario Comentario paisaxes naturais e rurais Comentario de paisaxes agrarias Imaxes satélite Información ministerio medio ambiente, rural e mariño Bosques Información general del sector primario PAC Pesca en Galicia TEMA 2 A reestruturación dos espazos industriais. Comentario paisaxe industrial e urbano Industria Siderurxia Parques Científico e tecnolóxicos Sustentabilidade Reestruturación industrial TEMA 3 España unha economía de servizos. Anuario económico de España Comercio Centros comerciais Franquicias A globalización Deterioro ambiental e turismo Impacto do turismo Turismo de Galicia Información sobre transportes e comunicacións Cidades e turismo Medios de comunicación do mundo Proxecto Galicia sector terciario BLOQUE III A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN TEMA 1 A poboación española. Datos básicos Datos da poboación de Galicia Como calcular o índice sintético de fecundidade Elaborar unha pirámide Estatística e gráficas sinxelas Demografía na aula Análise mási complexa de demografía española XX Blog de demografía Cómo presentar os datos TEMA 2 O sistema urbano. Cidade sostible A cidade actual Comentario dun plano urbano O espazo urbano Presentación xeografía urbana Información urbanística en España Web de urbanismo Texto sobre a morfoloxía e a estrutura das cidades españolas Proxecto terra-identidade territorial BLOQUES IV e V. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA-ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA, CONTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO Europa. El portal de la Unión Europea. Eurostat Fondo Monetario Internacional Páxina do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública: Organización das Nacións Unidas Real Instituto Elcano Banco Mundial Indice de Desenvolvemento Humano Desequilibrios territoriais en España RELACIÓN DE PREGUNTAS TEÓRICAS E ESQUEMA PARA O SEU DESENVOLVEMENTO
*
temas extraídos dos bloques anteriores 1. Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais. -
Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas (da
era arcaica ao glaciarismo cuaternario).
-
Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pregamento,
cuncas sedimentarias. 2. Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.
-
Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo.
-
Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream) e en superficie (centros de
acción, masas de aire, frontes). 3. Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións.
-
Os transvases
-
A desalinización
-
A recuperación de acuíferos
-
O saneamento dos ríos
4. Factores da diversidade bioxeográfica
-
Situación xeográfica e procesos naturais.
-
Acción antrópica
5. Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.
-
Diversidade climática
-
Os ríos de Galicia
-
A diversidade bioxeográfica
6. Repercusións ambientais da acción humana:
-
Contaminación
-
Cambio climático
-
Pegada ecolóxica
7. Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos.
-
Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes usos do
solo.
-
Factores: condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo e
subtropical e áreas montañosas e chairas) e estrutura da propiedade. 8. Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española:
-
A poboación rural
-
As explotacións agrarias
-
Técnicas e sistemas agrarios
-
Estrutura gandeira
9. Situación actual da industria en España e Galicia:
-
Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e
consecuencias da incorporación á Unión Europea.
-
Tendencias recentes da industria en España: globalización e
deslocalización. 10. Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia.
-
Características do sector terciario
-
Causas da terciarización
-
Contrastes na localización dos servizos
11. Movementos naturais da poboación.
-
Natalidade, mortalidade e fecundidade no réxime demográfico actual.
-
Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación.
12. Mobilidade espacial da poboación:
-
O éxodo rural
-
A inmigración
13. Urbanismo e ordenación do territorio en España e Galicia.
-
Axentes sociais
-
Planeamento urbanístico
14. Transformacións recentes na estrutura das cidades.
-
Cidade difusa.
-
Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).
-
Cambios de uso no solo urbano.
15. Contrastes e políticas rexionais en España
-
Antecedentes históricos
-
Desequilibrios territoriais
-
Factores de transformacións
-
Políticas rexionais
16. O novo escenario xeopolítico
-
Desigualdade no mundo
-
Comercio desigual, débeda externa
-
Posición de España no mundo
3. As probas de acceso 3.1. Estrutura As partes desta son as seguintes: PRIMEIRA PREGUNTA: definir catro conceptos xeográficos a elixir dos seis propostos. Trátase ademais de que o alumnado saiba usar axeitadamente a terminoloxía xeográfica relacionándoo cun exemplo. SEGUNDA PREGUNTA: desenvolver unha pregunta práctica consistente na localización, lectura, interpretación, explicación e análise crítica dun documento gráfico relacionado coas destrezas e habilidades xeográficas fundamentais, e que se recollen no apartado anterior, estruturado por bloques de coñecemento.
TERCEIRA PREGUNTA: desenvolver unha cuestión teórica referida aos temas
extraídos dos bloques de coñecemento. Nesta pregunta incluiranse orientacións
para o seu desenvolvemento. Os bloques de coñecemento repartiranse en dous grandes grupos de forma que si a pregunta teórica está extraída do primeiro grupo a pregunta práctica será dos prácticos do segundo grupo.
OPCIÓN A VOCABULARIO (2 ptos.): De todos os temas (relación adxunta de conceptos). PREGUNTA DO PRÁCTICO (4 ptos): Prácticos dos temas completos 7 ao 14 dos bloques de coñecemento II e III.
PREGUNTA TEÓRICA (4 ptos) do 1 ao 6 e dos temas 15 e 16, dos
bloques de coñecemento I, IV e V.
OPCIÓN B VOCABULARIO (2 ptos.): De todos os temas (relación adxunta de conceptos). PREGUNTA DO PRÁCTICO (4 ptos): Prácticos dos temas completos 1 ao 6 e o 15 e 16 dos bloques de coñecemento I, IV e V.
PREGUNTA TEÓRICA (4 ptos) do 7 ao 14, dos bloques de
coñecemento II e III.
* Temas extraídos
Axúntase relación de temas do 1 ao 16 escollidos para as
posibles preguntas teóricas.
OPCIÓN A OPCIÓN B VOCABULARIO De todos os temas De todos os temas PRÁCTICA Temas completos 7 ao 14 Temas completos 1 ao 6 máis o 15 e 16 TEÓRICA Temas extraídos 1 ao 6 máis o 15 e 16 Temas extraídos 7 ao 14 3.2. Valoración da proba A PRIMEIRA PREGUNTA terá unha (0,50 por
concepto definido correctamente). A resposta ten que ser breve (máximo cinco liñas), concreta e precisa (que corresponda ao concepto), e contextualizado cun exemplo. Valorarase a utilización de termos con significado xeográfico.
A SEGUNDA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 4 puntos
. Requírese
a correcta comprensión e interpretación do documento (superando a mera descrición elemental), e sempre que sexa posible a explicación das causas dos fenómenos representados e as posibles consecuencias derivadas. Especifícanse os puntos básicos aos que debe atender a resposta: • De carácter xeral. Tipoloxía da imaxe: sistema de representación, información contida e estrutura (tipo de datos, escala); ámbito territorial, secuencia temporal e significado respecto ao fenómeno tratado (por ex. no caso dun gráfico de variacións de taxas de actividade, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas significativas). • Localización: Valorarase a correcta localización e relación dos elementos xeográficos solicitados, físicos e políticos. • Comentario (análise e explicación) dos acontecementos reflectidos (por ex. no caso dun diagrama climático, réxime de precipitacións e temperaturas) aludindo aos aspectos relacionados (no caso anterior, situacións atmosféricas e formacións vexetais asociadas). • Comparación dos resultados comentados con aspectos ou feitos similares noutros ámbitos territoriais ou durante outros períodos que axuden á comprensión e explicación do fenómeno (por ex. nun gráfico de inmigración, correntes *inmigratorias comparables noutros períodos ou noutros ámbitos territoriais). • Achega crítica, se é posible, dalgún aspecto derivado da interpretación do fenómeno no contexto mundial actual.
A TERCEIRA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 4 puntos.
Hase de
responder ás cuestións seguindo as orientacións propostas; valorarase a organización dos contidos nunha secuencia expositiva, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas, ademais do uso do vocabulario xeográfico.
EN TODA A PROBA e ata 1 punto
na nota final, consideraranse elementos de
ponderación a calidade da redacción, a corrección gramatical e ortográfica.
4. Relación de conceptos Acuicultura Agricultura ecolóxica Aluvión Área metropolitana Área suburbana Aridez
Avaliación de impacto ambiental Balanza de pagamentos Barlovento Censo de Poboación Comisión europea Comunidade Autónoma Cualificación do solo Cunca fluvial Denominación de orixe Desagrarización Difusión industrial Economía somerxida Economías de escala Ecosistema Ecoturismo Efecto invernadoiro Enerxías renovables Esperanza de Vida Estatuto de autonomía Esteiro Estiaxe Explotación intensiva Fondos estruturais Foz Franquicia Industrias verdes Inversión térmica Isóbara Isohieta Landa Laurisilva Litosfera Maquis Marisma Materias primas estratéxicas Meseta Movementos antiglobalización Municipio Obxectivos do Milenio Padrón Municipal Paisaxe Parque tecnolóxico
Parroquia Penechaira
Plan Estratéxico de
Infraestruturas do Transporte (PEIT)
Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) Poboación Activa Política Agrícola Común (PAC) Política Pesqueira Comunitaria (PPC) Provincia Réxime Demográfico Ría Saldo Migratorio Silvicultura Somontano Subcontratación Taxa de Fecundidade Taxas aeroportuarias Tectónica de placas Tómbolo Tour operadores Transición Demográfica Transxénicos Umbria Unidade Veciñal de Absorción (UVA) Vexetación antrópica Vexetación clímax Xentrificación. Xeopolítica 5. Modelo de exames XEOGRAFÍA OPCIÓN A 1.- Defina nun máximo de cinco liñas, catro dos seguintes termos xeográficos, indicando algún exemplo en relación con España ou Galicia: aluvión, laurisilva, paisaxe, Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), parroquia, movementos antiglobalización. (Puntuación máxima de 2 puntos). 2.- Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): a) Localice as provincias numeradas do 1 ao 4, indicando cales están en baixa e cales en alta presión (1 punto). b) Comente o mapa do tempo segundo as seguintes cuestións: - Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a localización –a grandes trazos- das mesmos (1 punto). - Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas, de Oeste a Leste e de Norte a Sur, de España (1 punto). - Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar nas seguintes comunidades de España: Galicia, Andalucía, Comunidade Valenciana e Canarias (1 punto). 3.- Desenvolva o tema guiado polos seguintes apartados : (puntuación máxima 4 puntos)
Tema “ Situación actual da industria en España e Galicia”
- Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea. - Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización. OPCIÓN B 1.- Defina nun máximo de cinco liñas, catro dos seguintes termos xeográficos, indicando algún exemplo en relación con España ou Galicia: barlovento, efecto invernadoiro, meseta, fondos estruturais, área metropolitana, saldo migratorio. (Puntuación máxima de 2 puntos). 2.- Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): a) Localice as distintas paisaxes agrarias do mapa adxunto, identificando a lenda (1 punto). b) Comente a fotografía de acordo coas seguintes cuestións: - Identifique os elementos da paisaxe agraria: medio físico, agrícolas, gandeiros, forestais e poboamento. (1 punto). - Análise da estrutura agraria: sistemas de produción, estrutura da propiedade (1 punto). - Caracterización da dinámica da paisaxe: funcionamento actual e posible evolución no futuro (1 punto). 3.- Desenvolva o tema guiado polos seguintes apartados : (puntuación máxima 4 puntos). Tema: Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións. - Os transvases - A desalinización - A recuperación de acuíferos - O saneamento dos ríos