O programa "Educa en Dixital" atende as necesidades do alumnado sen recursos e en situación de vulnerabilidade, e que debido ás esixencias propias do curso no que se atopa escolarizado, precise dispoñer no seu domicilio dun equipo informático.
A asignación dos kits realizarase en base a estes aspectos, polo que pedimos a aquelas familias que non cumpran estes requisitos, que se absteñan de solicitalos.
As familias do alumnado que si se atope nestas situacións, deberán entregar na Secretaría do centro, debidamente cuberto, o impreso que se achega (é autoeditable, polo que se pode encher directamente no ordenador, móbil ou tableta). Prema aquí para a súa descarga.
O prazo de presentación de solicitudes para o presente curso remata o 4 de outubro de 2024.