O pagamento debe realizarse a través da seguinte ligazón:
Pinchando en INICIAR TAXA (candado aberto) xérase un impreso de autoliquidación de taxas que debemos ir cumplimentando do seguinte xeito:
DATOS DA TAXA:
-
•Consellería: CULTURA, EDUCACIÓN, FP E UNIVERSIDADES
-
•Delegación: OURENSE
-
•Servizo: ENSINO MEDIO
-
•Taxa: EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS POLA LOE E OS SEUS DUPLICADOS
-
•Obxecto de pago: TÍTULO DE BACHARELATO DE (nome do/a alumno/a)
-
•DATOS PAGO: 54€ taxa xeral, 27´03€ familia numerosa e 0€ familia numerosa especial.
MOI IMPORTANTE:
-
•A data de pagamento debe ser posterior á data de publicación das cualificacións da avaliación final (peche de actas por parte do centro educativo). Dende o centro recomendamos facer o pagamento o día 16 de maio, para ter oportunidade de resolver problemas o día 20.
-
•En caso de realizar o pago telemático: o único xustificante de pago válido é o modelo 730-731 que se pode descargar en versión PDF no apartado Cidadáns-Pago de taxas e prezos-Operacións realizadas.
-
•No momento do pago, a aplicación xera un recibo de pago con tarxeta; en ningún caso este recibo será xustificante de pago das taxas (de feito en dito recibo non consta o obxecto de pago da taxa), o que debe presentar no centro educativo é o modelo 730-731 que se descarga como se explica anteriormente