Skip to Content

DIAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos de libre disposición do centro serán os seguintes:

  • 11 de Novembro
  • 2 de Maio

Programacións didácticas da ESO e do Bacharelato

Preme na seguinte ligazón para consultar a programación que desexes. Tan só é preciso que cumprimentes os datos requeridos (centro, curso e materia).

SOLICITUDE DE KITS EDUCA EN DIXITAL CURSO 2024/25

O programa "Educa en Dixital" atende as necesidades do alumnado sen recursos e en situación de vulnerabilidade, e que debido ás esixencias propias do curso no que se atopa escolarizado, precise dispoñer no seu domicilio dun equipo informático.

A asignación dos kits realizarase en base a estes aspectos, polo que pedimos a aquelas familias que non cumpran estes requisitos, que se absteñan de solicitalos.

As familias do alumnado que si se atope nestas situacións, deberán entregar na Secretaría do centro, debidamente cuberto, o impreso que se achega (é autoeditable, polo que se pode encher directamente no ordenador, móbil ou tableta). Prema aquí para a súa descarga.

 O prazo de presentación de solicitudes para o presente curso remata o 4 de outubro de 2024.

Presentación alumnado Curso 2024/2025

Preme na imaxe para ver o horario de presentacións do alumnado (mércores 11 de setembro)

Programa de Becas da fundación Amancio Ortega

Nesta ligazón podes atopar información referente ás becas otorgadas pola fundación Amancio Ortega-

HORARIO DE VERÁN

O centro permanecerá aberto durante os meses de xullo e agosto de 10:00 a 13:00 horas.

Pechado:

-25 a 28 de xullo 

-15 a 18 de agosto

-26 de agosto

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

Preme no curso correspondente para acceder á listaxe de libros.


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

 
 
*O alumnado proposto para PDC debe agardar a setembro para ser informado dos libros que necesitará.

Recomendación xeral para todo o alumnado: aconsellamos mercar sempre os libros en establecementos que ofrezan a posibilidade de cambio. Asemade,recomendamos que non se lle poña o forro e o nome antes da primeira clase por se é preciso cambialo.

FONDOLIBROS 24/25

Na seguinte ligazón atoparás información relativa á adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso (24/25).

Resumo da presentación:

Prazo de presentación de solicitudes: do 21/05/24 a 21/06/24, incluídos.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (prema aquí e recorde que é preciso facer unha solicitude individual por cada fillo/a) ou presencialmente no propio centro educativo. Neste último caso será preciso cumplimentar os seguintes arquivos (Anexo I e II) e presentalos directamente no noso centro.

Texto da convocatoria: Orde do 7 de maio de 2024

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut