Anuario curso 2016-17

ANUARIO CURSO 2016-17

  • 01/09/2017

  • Listaxe de libros de texto para o curso 2017-18
  • Ligazón á listaxe.
  • Nota: Na listaxe, os libros marcados como "recomendados" non son de uso obrigatorio.
  • 28/06/2017

  • Resolución do concurso para o servizo de cafetería do IES Plurilingüe A Paralaia.
  • En relación co anuncio de data 30/05/2017, resólvese o concurso.
  • Ligazón ao documento da resolución.
  • ANUNCIO

  • Entrega de notas.
  • Os boletíns de notas entregaranse ó día 28/06/2017 ás 10:30h nas aulas de referencia de cada grupo.
  • Reclamacións.
  • O período de reclamación será dende a entrega de notas ata o 29/06/2017 ás 14:00h.
 
  • 11/06/2017

  • Conmemoración do Día das Letras Galegas (17/05/2017)
  • Os departamentos de Lingua Galega e Plástica do IES Plurilingüe A Paralaia, en colaboración con outros centros de Galicia, traballaron co alumnado de 1º e 3º de ESO sobre Carlos Casares, a personalidade homenaxeada este ano o Día das Letras, e a súa obra.
  • A idea, que partiu do IES A Guía de Vigo, era que o alumnado deseñase na aula de Plástica unhas postais inspirándose en Casares para enviar por correo aos demais centros; nelas, ademais das imaxes, iría un fragmento dunha das súas obras,  seleccionado por eles na aula de Lingua Galega. É o que se coñece como Arte Postal.
  • O noso agradecemento a todos os centros participantes (IES A Guía de Vigo, IES Plurilingüe A Paralaia, IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, IES Auga da Laxe de Gondomar, IES Cosme López Rodríguez da Rúa (Ourense) e CPR Mendiño de Vigo,  que fixeron uns traballos magníficos, e ao noso alumnado.
  • Ligazón á galería de fotos.
  • Ligazón ao vídeo do evento.
  • 02/06/2017

  • Entrega de premios da "1ª Liga de xadrez" do IES plurilingüe A Paralaia e do concurso "Canguro matemático".
  • O venres día 2 de xuño celebrouse a entrega de premios da "1ª Liga de xadrez" do IES plurilingüe A Paralaia e do concurso "Canguro Matemático" que, organizados polo departamento de matemáticas, se disputaron durante o presente curso académico. No animado acto recibiron premios tódolos partipantes en ambos eventos.
  • No torneo de Xadrez os primeiros clasificados foron:
    • Ibán Hermelo (3º),
    • Antonio Serrano (2º).
    • Ruben Soage (na foto) que foi o campión.
  • No "Canguro Matemático" os gañadores por categorías foron:
    • Samuel Recamán (4º de ESO).
    • Aarón Santomé (3º da ESO).
    • Sabela Ledet (2 da ESO)
    • Como campiona absoluta, Lara Boubeta (na foto) de 1º de ESO.
  • Ligazón á galería de fotos do evento.
  • 07 .. 09/06/2017
  • Servicio de autobús para o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade (ABAU).
  • O alumnado do centro que o desexe, poderá utilizar o autobús que a ANPA pon á súa disposición para viaxar ata o CUVI.
  • O autobús partirá ás 07:30h do LIDL (primeira parada).
  • As paradas serán as da liña regular de Cangas a Vigo.
  • O regreso poderase facer no mesmo autobús ou no da liña regular ó CUVI da empresa Cerqueiro.
  • 05/06/2017
  • Reunión ANPA.
  • O vindeiro día 05 de xuño, ás 20:30h celebrarase unha reunión da ANPA coa seguinte orde do día:
    • Lectura e aprobación da acta anterior.
    • Estado de contas.
    • Renovación da xunta directiva.
    • Rogos e preguntas.
  • 06, 07 e 09/06/2017
  • Saídas de recoñecemento botánico polos arredores do centro.
  • Nas datas indicadas, o alumnado de 1º da ESO grupos A, C e B desenvolverán, nas datas indicadas,  unha actividade de recoñecemento e recollida de plantas da contorna do centro, para a súa posterior utilización en traballos.
  • A actividade está organizada polo departamento de bioloxía.
  • 01/06/2017
  • Saída do alumnado de 1º da ESO ao Parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
  • O alumnado fará un percorrido pola área arqueolóxica onde poderán coñecer un dos mellores conxuntos de petróglifos de Galicia, e participarán nun obradoiro sobre a caza na prehistoria.

 

  • 26/05/2017
  • Acto de graduación curso 2016-17
  • O venres 26 ás 19:00h terá lugar, no pavillón do instituto, o acto de graduación do alumnado de bacherelato e de ciclos formativos que finaliza os seus estudos.
  • Convidamos ao alumnado e familiares a que asistan a este evento.

 

  • 24 e 25/05/2017
  • Visita do alumnado de 2º da ESO a Celanova.
  • O departamento de música organiza unha actividade extraescolar a Celanova co seguinte programa:
    • Mércores:
      • Visita histórico-cultural á Capela de San Miguel e ao Mosteiro de Celanova.
      • Concerto Didáctico onde tocarán acompañando ao Órgano de tubos (tras unha clase maxistral da Organista oficial).
      • Visita á Casa de Curros.
      • Visita guiada a Vilanova dos Infantes.
      • Saída cara o Albergue de Muiños onde se pasará a noite
    • Xoves:
      • Actividades deportivas no Albergue (Piragüismo)
  • 13/05/2017
  • Entrega de premios do VIII concurso de Cómic convocado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Moaña, no Alto da Praza de Abastos de Moaña, ás 13:00h.
  • Premiadas:
    • 1º Premio: Sara Fernández Pazos, alumna de 3º da ESO do IES Plurilingüe A Paralaia.
    • 2º Premio: Sabela Ledet Piñeiro, alumna de 2º da ESO do IES Plurilingüe A Paralaia.
    • 3º Premio: María González Fernández, alumna do CEIP Domaio.

 

 

 

  • 12 e 13/05/2017
  • Este ano xurdiu unah iniciativa dende o noso centro que cristalizou na organización da Primeira Comicon Intercentro de Moaña que terá lugar nas datas indicadas no Alto da Praza de Abastos.
  • Organizado entre os diferentes centros de ensino de Moaña (IES A Paralaia, IES As Barxas, CEIP Seara, CEIP Reibón, CEIP A Guía, CEIP Domaio e CEIP Quintela) e o Concello, nos días 12 e 13 de maio terá lugar unha Comicon en Moaña. Tamén acudirán como convidados alumnos dos IES Álvaro Cunqueiro, Alexandre Bóveda e Ricardo Mella de Vigo, IES Escolas Proval de Nigrán e do IES San Paio de Tui.
  • A Comicon é un evento no cal todas as actividades que terán lugar foron deseñadas e organizadas por alumnos dos institutos e colexios de Moaña. Denomínase Comicon porque estas actividades orbitan principalmente á volta da banda deseñada, ainda que tamén teñen cabida a ilustracion ou outras manifestacións vencelladas á cultura pop (flashmob, cosplay, anime, xogos de rol...)
  • O obxectivo da Comicon é dobre: por unha banda, preténdese que o que se faga nas aulas teña proxección na comunidade; por outra, que os alumnos expoñan as súas obras e dean charlas xunto con profesionais dos ámbitos da ilustración, edición, etc.
  • Durante eses dous días realizaranse as seguintes actividades:
    • Exposicións cos cómics dos alumnos: a maioría destes cómics fixéronse nas aulas, coa orientación do profesorado. Están integrados no concurso de cómic do concello.
    • Charlas de autores profesionais.
    • Charlas de alumnos.
    • Cineclube: nel, á beira de películas de anime, exhibiranse as creacións audiovisuales de feitas polos alumnos.
    • Salón de lectura de obras cedidas pola Biblioteca de Municipal de Moaña para a ocasión.
    • Varias actividades lúdicas: flashmob, cosplay, jugger, pistolas nerf, ginkanas, pokemon, origami, talleres de debuxo, hamma beads e maquillaje, karaoke, concurso de talentos, teatro, manequin challenge.
      A explicación detallada das actividades, así como a nómina de autores e títulos das ponencias pode consultarse na páxina web que creamos para o evento: www.comicmoanha.com.
  • As charlas, as creacións audiovisuales e o flashmob dos alumnos traballáronse no aula ao longo do curso. A Comicon supón o evento final no que todo o traballo do ano cristaliza.
  • 09/05/2017
  • Participción de 9 alumnas de 4º ESO A e B (colaboradoras do EDNL) e de 1º Bacharelato B no correlingua.
 
  • 08/05/2017
  • Charla da escritora Marta Dacosta dentro das acxtividades polas letras do mes de maio.
  • 23/04/2017
  • Gabriele Santomé, Manuel Paz e Álvaro Portela acadaron o primeiro posto na categoría trío junior masculino, do Open Internacional Marina D´OR celebrado en Oropesa del Mar.

         

 
  • 26/04 .. 03/05/2017
  • Programa de intercambio co alumnado de Montauban (Bretaña francesa).
  • En relación coa publicación anterior da actividade:
    • Onte ás dez da mañá emprenderon a viaxe cara O Porto, onde collerán o avión para desprazarse a Francia, o alumnado e os dous profesores que os acompañan, para levar a cabo o intercambio que se ven realizando nestes últimos cursos.
    • O alumnado do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña vai compartir un programa de acitividades xunto co alumnado do Lycée La Providence de Montauban (Francia).
    • Os 21 alumnos galegos, acompañados de dous  profesores, chegarán a Rennes o mércores, 26 de abril e regresarán o 3 de maio. Durante a súa estancia desenvolveranse  unha serie de actividades programadas entre os dous centros que se inician antes da chegada dos alumnos e se sustancian, ao longo do propio intercambio, con  visitas guiadas a Nantes, Rennes , Saint Maló e Saint Michel.
    • Por outra banda,  21 alumnos franceses e dúas profesoras virán a Moaña o mércores 31 de maio e regresarán o 7 de xuño. Aquí tamén  se realizarán as actividades previstas polo IES A Paralaia  que inclúe visitas a Santiago, Pontevedra, illas Cies ,etc.
    • As familias dos alumnos galegos proporcionarán o aloxamento nos seus fogares aos correspondentes franceses. E o mesmo farán as familias francesas cos alumnos moañeses.
  • 03/05/2017

  • Certame final comarcal de poesía improvisada de Cangas.
  • En relación cos anuncios das actividades desenvolvidas polo noso alumnado os pasados días 24/04/2017 e 03/04/2017, o vindeiro día 3 de maio van participar no Certame final comarcal de poesía improvisada en Cangas, ben como  concursantes, ben como público.
  • 21/05/2017

  • IV ANDAINA PARALAIA SOLIDARIA

  • POR CUARTO ANO CONSECUTIVO, O IES PLURILINGÜE A PARALAIA ORGANIZA EN MOAÑA O 21 DE MAIO ÁS 11:OOH  A ANDAINA-CARREIRA SOLIDARIA COA FINALIDADE DE RECOLLER FONDOS PARA AS FAMILIAS MAIS NECESITADAS DA VILA.

  • COMO VÉN SENDO HABITUAL COLABORARÁ CONNOSCO O CONCELLO  DE MOAÑA, EROSKY, CÁRITAS, A ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA, O CLUB DE ATLETISMO SAMERTOLAMEU E ANDOSÁN ( CAFETERÍA DO IES). 

  • FARASE UN PERCORRIDO DUNS 4 QUILÓMETROS POLO NÚCLEO URBANO DA VILA DE MOAÑA. SAIREMOS DO IES PLURILINGÜE A PARALAIA EN DIRECCIÓN Á RÚA CONCEPCIÓN ARENAL ATA CHEGAR A PRAIA DO CON A CONTINUACIÓN VOLTAREMOS POLA MESMA RÚA ATA CHEGAR Ó CONCELLO DESDE ONDE IREMOS CARA AO INSTITUTO PLURILINGÜE  A PARALAIA.

  • A NOVIDADE NESTA EDICIÓN SERÁ A HOLI PARALAIA SOLIDARIA, QUE SE CELEBRARÁ  AO REMATE DA ANDAINA NO APARCADOIRO EN FRONTE AO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.

  • A INSCRICIÓN CUSTA 4€ E INCLÚE UNHA CAMISETA, AUGA, FROITA E UN SAQUIÑO DE PO DE CORES PARA A HOLI PARALAIA SOLIDARIA. PARA GARANTIR QUE TODO O MUNDO TEÑA O SEU SAQUIÑO DE PO, É IMPORTANTE ANOTARSE ANTES DO 12 DE MAIO, AINDA QUE TAMÉN PODEDES INSCRIBIRVOS O MESMO DÍA DA ANDAINA.

  • Ligazón ao cartel da actividade.

 

  • 26/04/2017

  • Charla sobre o alzheimer á que asistirá o alumnado de 2º da ESO A e B, e os de 4º da ESO A.
  • 26/04 .. 03/05/2017

  • 21 alumnos do noso centro de 3º e 4º da ESO participarán nun intercambio co alumnado de Montauban (Bretaña francesa)
  • A nosa alumna de 2º de Bacharelato, Vera Santomé Juncal, que foi 2ª clasificada na final da V Olimpíada filosófica galega, acudirá o día 5 de maio a Murcia para participar na Olimpíada filosófica estatal.

  • BOA SORTE!
  • 25/04/2017

  • Mario Rodríguez, de 1º da ESO, participa hoxe na final galega do concurso de narración oral TÍRALLE DA LINGUA no teatro Principal de Santiago.
  • O evento durará toda a mañá e os seus compañeiros de clase vano acompañar para animalo e para aprender da experiencia.
  • SORTE!!!
  • 24/04/2017

  • Segunda xornada adicada a Obradoiros de poesía improvisada.
  • En relación coa actividade desenvolvida o pasado día 3, o vindeiro día 24 daráselle continuidade á mesma.
  • 07/04/2017

  • Obradoiro e curso de robótica
  • O alumnado de bacharelato e de 2º C.S. de Sistemas Electrotécnicos e Atomatizados participaron no Obradoiro e Curso de Robótica organizado pola Fundació Barrié en Vigo.
 
  • 03/04/2017

  • Defensa persoal.
  • Actividade realizada en Educación Física, para o alumnado de 2º ESO, consistente en seis sesións de traballo para cada ún dos grupos sobre DEFENSA PERSOAL.

  • Este traballo, desenvolveuno un profesional de Artes Marciais, Loren, e a actividade foi moi interesante.

  • Os alumnos e alumnas traballaron duro e aprenderon diversas técnicas de golpeo, defensa... ademáis de outros aspectos relevantes e importates en canto á súa seguridade persoal.

  • Ligazón para ver a galería de fotos do evento.

  • 30/03/2017 

  • Xornadas deportivas.

  • Actvidades complementarias, organizadas dende o Departamento de Educación Física, co o obxectivo de coñocer diferentes aspectos e  vivenciar distintos deportes practicados en Moaña con monitores de relevantes clubes deportivos.

  • Viñeron ata o centro monitores de: TAEKWONDO (HEBE), PATINAXE (ANFORA) E BALONMÁN (MOAÑA)  (1.ª XORNADA) e REMO (TIRÁN), TENIS (MEIRA) Y FÚTBOL (MOAÑA) (2.ª XORNADA).

  • Estas xornadas foron un éxito rotundo: os profesores, grandes profesionais; os alumnos disfrutaron enormemente das actividades propoestas e la organización, inmellorable.

  • Repetiremos, seguro!!!

  • Agradecemos a colaboración inestimable de todos estos profesionais deportivos polo seu bo facer co noso alumnado

  • Ligazón para ver a galería de fotos do evento.

  • 03..07/04/2017
  • VI Semana de consumo responsable.
  • "Un ano máis, e van seis, o IES Plurilingüe A Paralaia acode á súa cita coa Semana de Consumo Responsable, que se desenvolverá entre os días 3 e 7 de abril. Coma sempre, as actividades serán moi variadas e contarán coa participación e o respaldo de docentes, alumnos e familias: obradoiros, palestras, exposicións, documentais, roteiro, mesa de troco...

  • O obxectivo é concienciar(nos) sobre a nosa responsabilidade como consumidores, asumir que a nosa obriga é sermos cidadanía crítica tamén con respecto aos nosos hábitos de consumo e que a nosa compra pode ter tanta importancia -mesmo máis- que o voto depositado nunha urna. Trátase, xa que logo, de entender que un consumo responsable e consciente é tamén un consumo transformador..."

  • Ligazón á galería de fotos da actividade.

    

  • 05/04/2017
  • Roteiro por Moaña co gallo da "VI semana de consumo responsable".
  • "O mércores día 5 de abril o alumnado de 1º de Bachalerato participará, con motivo da Semana de Consumo Responsable, nun roteiro por Moaña coordinado polo colectivo responsable do proxecto de Camiños Seguros do Morrazo.

  • O punto de partida, cunha posta en común, terá lugar na Escola da Música, de onde se baixará ata o centro de Moaña. Ao longo deste itinerario o alumnado poderá descubrir as diferentes capas históricas de Moaña e entender o territorio actual como suma destes cambios e etapas. Falaremos tamén de mobilidade e espazo público, así como da conformación desta cidade difusa na que se foi conformando a vila de Moaña. Durante o percorrido o alumnado, distribuído previamente en grupos, irá ollando/ apuntando/ conversando.

  • A idea é rematar o roteiro na Biblioteca de Quintela, onde se faría de novo unha pequena reflexión conxunta e se volcará a información recollida".

  • 03/04/2017
  • Obradoiros de poesía improvisada.
  • O EDLG, en colaboración co Concello de Moaña, organiza dous obradoiros de poesía improvisada (regueifas) para un máximo de 50 rapaces e rapazas de 2º ESO.
  • Nesta ocasión vai asistir o alumnado de 2º A e B.

 

  • Resumo da actividade:
  • "Por iniciativa do Concello de Moaña e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, o pasado luns 3 de abril a rapazada de 2º de ESO A e B tivo a oportunidade de mostrar o seu talento poético regeuifando con Pinto d'Herbón e Luís "O Caruncho". E abofé que lles demostraron que bos artistas hai no Morrazo! Grazas á habilidade dos mestres, o alumnado conseguiu sacar o mellor de cada un. Xa están desexando que volvan para o segundo obradoiro!"
  • Ligazón a unha foto do evento.
  • 30/03/2017
  • O vindeiro xoves 30 de marzo, ás 20.30h, o alumnado de Música de 2º Bacharelato asistirá ao Concerto ofrecido pola Filarmonía de Galicia, baixo a dirección de Maxim Emelyanychev, co seguinte programa:
    • Obertura de El rapto en el serralo, KV 384 -Mozart.
    • Concerto para piano nº25 en Do M, KV 503- Mozart.
    • Sinfonía 38 en RE M, KV 504 "Praga"-Mozart.
    • Lugar: Teatro Afundación, Vigo.
    • Profesora acompañante: Marta Barreiro Iglesias (Dpto. Música).
  • Esta actividade está encadrada dentro do Programa de Afundación "Quedamos no Palco, quedamos coa Clásica". 

INFORMACIÓN PÚBLICA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018

 

 

 

  • 07/04/2017
  • O vindeiro 7  DE ABRIL terá lugar a xornada de acollida para o alumnado de 6º de Educación Primaria dos noso CEIPs adscritos.O alumnado realizará actividades co noso alumnado de 1º da ESO.

  • A organización será a seguinte:

    • 10.00 Chegada do alumnado ao noso centro.

    • 10.10Torneo de xadrez no que participará parte do alumnado dos CEIPs adscritos e do noso centro. Terá lugar na biblioteca do centro e a persoa responsable é Fran Ogando. A duración é ata as 12.20 co descanso no recreo.
      O alumnado que non participa no torneo de xadrez, fará unha actividade organizada polo departamento de BIoloxía e Xeoloxía que desenvolverase nos laboratorios de Bioloxía, Física e Química.

    • 11.00 RECREO. Chocolatada para o alumnado de 6º de Ed. Primaria e 1º da ESO. O chocolate será servido por alumnado de 3º da ESO na sala de usos múltiples.

    • 11.30 Continuación do torneo de xadrez.
      Os que non participen farán unha actividade de Lingua Estranxeira, organizada polos departamentos  de Inglés, Francés e Portugués.

    • 12.20 Actividade do Departamento de Orientación. Na sala de usos múltiples presentarase ao alumnado o cuaderno de orientación que temos elaborado para recibir información de primeira man do que se van a a topar no noso centro, a nivel académico, o vindeiro curso.

    • 13.30  Volta ós coles.

  • Ligazón á galería de fotos do evento.

  • 23/03/2017
  • Charla sobre a ABAU.
  • Dirixida ao alumnado de 2º bacharelato.
  • O orador será un membro do servicio de información ao estudiante (SIOPE). 

17/03/2017

Vera Santomé Juncal, 2ª clasificada na "IV Olimpíada Filosófica Galega"

Continuando co seguemento da participación da nosa alumna no certame filosófico deste ano celebrado na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, informamos de que finalmente quedou clasificada en segundo lugar.

A continuación, dúas imaxes da orgullosísima e feliz Vera.

A COMUNIDADE EDUCATIVA FELICÍTAA POLA SÚA FAZAÑA!

    

13/03/2017

2 ouros, 1 prata e 2 bronces.

Gran día e grandes resultados para os deportistas do clube de taekwondo Hebe (ao que pertencen varios alumnos do noso centro) no Campionato de España celebrado celebrado o pasado día 13 en Cartaxena.

                  

O trío junior masculino composto por Álvaro Portela (4º fila superior), Manuel Paz (3º fila superior) e Gabriele Santomé (5º fila superior) acadou a medalla de ouro no seu primeiro ano nesta categoría.

Manuel Paz (3º fila superior) proclamouse Campión de España en Freestyle individual - 17 despóis de realizar un exercicio brilante.

A profesora Noe (1ª fila inferior) proclamouse subcampiona de España na categoría Senior 2.

Foi bronce Barbara Di-Martino en Freestyle-17 ao igual que o quinteto de +12 composto por Manu, Álvaro, Gabriele, Michelle e Bárbara

"Voltamos satisfeitos e con gañas de máis!. A vindeira semana estaremos no Open de Bélxica e a seguinte no Open de España" - Declararon.

O pasado 17/02/2017 publicamos:

Unha alumna de 2º de bacharelato participa hoxe na Olimpíada Filosófica que se celebra en Santiago de Compostela.

BOA SORTE!!

TEMOS MÁIS INFORMACIÓN RELACIONADA:

A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

O tema neste curso foi: NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADES HUMANAS. Na MODALIDADE DE DISERTACIÓN ( para alumn@s de 1º e 2º de bacharelato) quedou finalista a nosa alumna VERA SANTOMÉ JUNCAL.

O venres, día 17 de marzo, acudirá á final, na que defenderá oralmente o seu traballo.De entre os 4 finalistas sairá o vencedor ou vencedora que acudirá , no mes de maio, á final estatal que se celebrará na Comunidade de Murcia.

Parabéns VERA SANTOMÉ JUNCAL. Só por chegar ata aquí, es unha campioa.

                   

  • 21 .. 26/03/2017
  • Viaxe de fin de curso de 14 alumnos de 4º da ESO a Londres acompañados por dous profesores do centro.
  • 22 .. 23/03/2017
  • Visita do alumnado de 1ºBT, 1ºBH e CCSS, e alguns alumnos de 2ºB que teñen como optativa CCTM a Burgos e ao xacemento de Atapuerca.
  • Organiza o departamento de Filosofía.
  • 20 .. 23/03/2017
  • Visita á cidade de Mérida de 61 alumnos acompañados por tres profesores do centro.
  • 16/03/2017
  • Celebración do concurso "CanguroMatemático" a partir das 16:30h na sala de usos múltiples, no que concursan 28 alumnos do noso centro.
  • 03/03/2017
  • Conmemoración do día de Rosalía, degustando na cafetería unha taciña de caldo (como o do poema "Miña casiña, meu lar" da autora). Co caldo, viñan uns versos de Rosalía, que foron recitados en voz alta e mesmo, foron cantados!.
  • Ver máis.
  • Ata o 18/04/2017
  • O EDNL xunto co Departamento de Educación Plástica e Visual, ven de activar un concurso de deseño e de lemas para elaborar un "rollUp" (sistema vertical enrolable de publicidade). O prazo para presentar debuxos e lemas remata á volta da Semana Santa, o 18 de abril. Todos os traballos participantes serán expostos no atrio do instituto.  Podes consultar as bases no taboleiro frente a conserxería.
  • Ver documento coas bases do concurso.
  •  En curso
  • O EDNL activou para os estudantes interesados na escritura un obradoiro no que poderán traballar man a man co escritor vigués Xabier Xil Xardón.
  • Aínda que novo, conta xa con varios recoñecementos e premios ó seu traballo.
  • Despois dun primeiro encontro o pasado mes de febreiro, continuarán unha vez ó mes, en horario de luns (pausa do xantar) na biblioteca do instituto.
  • O obradoiro acolle alumnos de bacharelato e de 4º ESO.
  • En curso
  • Os alumnos e profesores do EDNL convidan o alumnado do IES A Paralaia a participar nun "vídeo-star" que se vai realizar con motivo das Letras Galegas.
  • A canción elexidafoi "Terra" do grupo Dakidarria.
  • Durante toda a semana, pasaranse mostras de video-star e mais a canción "Terra" na TV do atrio diante de conserxería
  • As interesadas e interesados en participar, teñen que vir o venres día 10 de marzo á sala de usos múltiples para organizar o deseño das coreografías, a gravación e a montaxe do vídeo.

    

  • Os nosos alumnos de 3.º A e 2.º C da ESO  Manuel Alejandro Paz Romero, Alvaro Portela Diéguez e Daniel Redondo Contreras, integrantes do Trío de Técnica Cadete de Taekwondopertencentes ao Club deportivo Hebe, conseguiron o pasado venres, 24 de febreiro, un novo recoñecemento á súa gran traxectoria deportiva, xa que foron nominados na Gala Del Deporte de Moaña, celebrado no IES As Barxas,  nas categorías de “Mellor equipo promesa masculino” e “Mellor equipo veterano” do ano,  conseguindo ambos premios.
  • A súa traxectoria en dous anos de competicións foi a seguinte:
  • Ouro no Campionato Galego, no Open de España e Bronce no Campionato de España previo ao Campionato de Europa.
    •  Quintos no Campionato europeo, celebrado en Belgrado.
    • Ouro no Campionato Galego, no Open de España, no Open de Andalucía e no Open de Navarra previo ao Campionato do Mundo.
    •  Séptimos no campionato mundial, celebrado en Perú.
  • Ademáis, seguindo con esta fantástica traxectoria,  o pasado domingo 26 de febreiro, participaron no Campionato Galego de Técnica de adultos, celebrado en Monforte de Lemos, conseguindo:
    • Manuel Alejandro Paz o Ouro en Freestyle individual.
    • Daniel Redondo o Ouro en Técnica Cadete.
    • Álvaro Portela o Ouro en Freestyle equipo.
  • ¡¡¡Felicidades campións e ánimos para as seguintes competicións!!!

    

MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRESTRUCTURAS DE TELECOMUNICACIONES EN EDIFIFICIOS.

CURSO AFD: ELES0108

RELACIÓN DE ALUMNOS SELECCIONADOS PARA A ACTIVIDADE FORMATIVA

  • 08/03/2017
  • O alumnado de 4º da ESO asistirá o próximo venres mércores ás 9.20 terá lugar na sala de usos múltiples unha charla para conmemorar o día da muller traballadora co seguinte tema; "ELECCIÓN DA PROFESIÓN SEN TER EN CONTA O XÉNERO".
  • Organiza o departamento de Orientación.
 
  • 26/02 .. 05/03/2017

  • Viaxe a Grecia dun grupo de alumnos do centro.
  • Visitarán: Atenas, Epidauro, Micenas, Esparta, Mesenia, Olimpia e Delfos.
  • Organiza o departamento de Grego e Latín.
  • Ligazón ao álbum de fotos da viaxe.
ANUNCIO: NOVO CURSO AFD DE “MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS”. Código: ELES0108.
  • Prazo de inscrición:

    • Ata o 2 de marzo de 2017 (inclusive).

  • Lugares de inscrición:

    • Antes do 2 de marzo de 2017: Nunha oficina de emprego.

    • O mesmo 2 de marzo no IES Plurilingüe A Paralaia, ao comezo da proba de selección.

  • Requisitos para o acceso:

    • Ser poseedor do Título da ESO ou equivalente.

    • Estar inscrito nunha oficina de emprego.

  • Período e horario de impartición do curso:

    • Do 06/03/2017 ao 27/07/2017.

    • De 16:00h a 21:00h.

  • Módulos do curso e duración:

    • Básico de prevención de riscos laboráis (60h).

    • Montaxe e mentementeo de antenas colectivas e individuais.

      • Recepción e distribución de sinais de radiodifusión (70h).

      • Montaxe de instalación de recepción e distribución (60h).

      • Mantemento e reparación de instalación de antenas en edificios (50h).

    • Montaxe e mantemento de instalación de telefonía e comunicación interior.

      • Instalacións de telefonía e comunicación interior (60h).

      • Montaxe de instalacións de telefonía e comunicación interior (50h).

      • Mantemento e reparación de instalacións de telefonía e comunicación (40h).

    • Módulo de prácticas profesionais non laborales de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións (120h).

    • Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdede de xénero (10h).

    • Formación para a igualdade (8h).

    • Total: 528h.

  • NÚMERO MÁXIMO DE ALUMNADO 15

  • CRITERIOS DE SELECCIÓN CURSOS AFD 2017

    1. Mulleres, especialmente aquelas que teñan a condición de vítimas de violencia, de acordo co disposto no artigo 3 do Real decreto 1917/2008. do 21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción socio laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero.

    2. Persoas desempregadas de longa duración.

    3. Menores de 30 anos.

    4. Persoas con discapacidade e persoas que teñan subscrito e vixente un itinerario personalizado de inserción.

    5. Persoas en risco e exclusión social, entendéndose como tales aquelas nas que concorran algún s factores ou situacións enumeradas no artigo 2 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, sempre que tal situación se certifique polos servizos sociais públicos correspondentes.

    6. Persoas con baixa cualificación, entendéndose como tales aquelas que non estean en posesión dun carné profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de formación profesional ou dunha titulación universitaria.

    7. Persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen acreditacións parciais mediante o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquirida por experiencia laboral.

 
  • 07/03/2017
  • O próximo martes, 7 de marzo, o alumnado de 1º de CS de Admón. e Finanzas e 2º de CM Xestión administrativa visitarán o Arquivo do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo e ó Arquivo Histórico Provincial en Pontevedra.

  • 21/02/2017
  • Este Martes, as doce e media do mediodía, no IES A Paralaia, terá lugar a inauguración da exposición De Castelao ao Maña. Unha ollada ao cómic galego. Estará aberta ao público no noso centro ata finais de Marzo.
  • Á inauguración acudirán o deputado Xosé Leal Fariña, a alcaldesa de Moaña Leticia Santos Paz, o director do noso centro Ramón Eixo, Eugenia Fernández e Ugo Cosas, xefa do departamento da Biblioteca e director do IES As Barxas respectivamente, cos que estamos colaborando na organización da Comicon Escolar de Moaña que se celebrará os vindeiros 12 e 13 de Maio.
  • Esperamos que nos próximos días se acheguen ao centro profesores e alumnos dos colexios de Seara, Reibón, Quintela, A Guía e Domaio, os outros centros cos que estamos colaborando na organización da Comicon.
 
  • 17/02/2017
  • Dende a biblioteca fixemos unha nova actividade inspirada na que fixo a nosa compañeira Eugenia Fernández no IES As Barxas. En parte, a actividade é unha homenaxe a Agustín Fernández Paz, que morreu este verán.
  • Eugenia describe a actividade así:
    • Precisamente a partir dun relato incluído neste último título, "Un río de palabras", decidimos dende a Biblioteca do IES As Barxas renderlle unha homenaxe.
    • O protagonista desta curta historia decide compartir a emoción que lle producen as súas lecturas pegando nas paredes do seu barrio papeis semellantes aos anuncios de "Compártese piso" ou "Ofrécese profesora particular", só que neles reproducía as liñas iniciais daqueles libros que desexaba compartir co resto do mundo. E o mesmo fixeron as nosas alumnas e alumnos. 
  • Pareceunos unha gran idea, así que decidimos facela tamén nós. Aproveitamos a actividade que propuña Eugenia, e engadimos un detalle para que os nosos alumnos e alumnas de primeiro e segundo da ESO aprendesen a buscar libros nas bibliotecas. Nos flecos onde os nosos alumnos copiaban os títulos dos libros para que outros puidesen collelos, lles pedimos que puxesen tamén a signatura do libro para poder atopalo na biblioteca. En caso de que nós non tivéramos o libro na nosa biblioteca, lles pedimos que usasen a aplicación informática Meiga para localizar o libro noutras bibliotecas de Moaña.
  • Ver galería de fotos.
  • 17/02/2017
  • Unha alumna de 2º de bacharelato participa hoxe na Olimpíada Filosófica que se celebra en Santiago de Compostela.
  • BOA SORTE!
  • 17/02/2017
  • O vindeiro venres 17 de febreiro o alumnado de educación financeira de 2º da ESO, grupos B (21 alumnos) e C (13 alumnos), farán unha saída ó Circulo de Empresarios de Galicia (Vigo) e posteriormente a visita a unha empresa aínda por determinar.
  • Esta actividade enmárcase dentro do programa Atrévete e ten por finalidade o fomento do espíritu emprendedor entre o alumnado da ESO.
  • Organiza o departamento de FOL.
  • 15/02/2017
  • Visita de alumnado do centro á feira EDUGAL.
  • O vindeiro día 15, o alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato visitarán a feira EDUGAL.
  • 15/02/2017
  • Charla sobre "A Lei do menor".
  • O vindeiro 15 de marzo, terá lugar a charla sobre a "Lei do menor" para o alumnado de 2º e 3º da ESO a cargo dun responsable da Asociación Arela, dentro do programa KTORCE-18.
  • Organiza o departamento de Orientación.
  • 15/02/2017
  • VIII Olimpíada de Xeoloxía.
  • Un grupo de alumnos de 1ºBac viaxarán o vindeiro mércores día 15 de febreiro, á E. T. S.E de minas de Vigo onde se vai celebrar a VIII Olimpiada de Xeoloxía, da fase galega.
  • Esta actividade é convocada pola AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
  • Ao mesmo tempo se celebrará a mesma proba na Facultade de Bioloxía de Santiago, na Escola Politécnica Superior de Lugo e na Facultade de Ciencias de Ourense.
  • 13/02/2017
  • O vindeiro luns, día 13, ás 13:10, o alumnado de 1º de bachalerato asistirá a unha charla a cargo de Manolo S. Bayona, activista de Baladre. Coordinación contra la precariedad, el empobrecimiento y la exclusión social. A charla, baixo o título "Xustiza social hoxe. Loitando por outro mundo posible", enmárcase na conmemoración do Día pola Xustiza Social, que se celebra en todo o mundo o 20 de febreiro.

    Baladre é unha Coordinación de colectivos da Península Ibérica e norte de África, así como colectivos e persoas do cono sur americano, con diferentes sensibilidades, pero cunha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecemento e a exclusión en calquera das súas formas.

  • Ver cartaz.
  • 06/02/2017
  • Acto de entrega de trofeos
  • O luns día 6 se fixo entrega aos participantes do 1º torneo de "bucinazos" de xadrez de A Paralaia celebrado en decembro.
  • O gañador foi: Rubén Soage Lains e o 2º clasificado: Lois Novas Ferreirós.
    Entre os postos de honra figuraban tamén: Renzo de Faria Vélez, Diego Núñez Pérez, Christian Santomé Fernández e Alejandro Boubeta Villar.
    A todos eles unha cordial felicitación.
  • Ver galería de fotos. 
  • 31/01/2017
  • O noso centro foi incluído na listaxe definitiva dos centros seleccionados, para o curso 2016/17, con contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • A sinatura oficial farase no salón de actos do Edificio Administrativo de Campologo o vindeiro día 31.
  • 31/01/2017
  • O próximo 31 de Xaneiro os alumnos de 2º de Ciclo Medio e Superior de Administración farán unha visita a Inditex en Arteixo.
  • Organiza o departamento de Administrativo.
  • 30/01/2017
  • O vindeiro luns, entre 11:30 e 13:10, con motivo da celebración do Día da Paz, a Biblioteca organiza unha actividade de contacontos que conta coa participación do grupo A tropa de trapo, que xa nos visitou noutras ocasións. O grupo, integrado por Marta e Brais, presentaranos nesta ocasión o espectáculo CONTOS COAS MANS ABERTAS. que nos describen así:
  • "Na primavera do 2010 nace CONTOS COAS MANS ABERTAS, a nosa última proposta. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans abertas.
  • Na mesma liña, CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en d irecto."
  • En definitiva, un espectáculo para entender o mundo dende a convicción de que podemos melloralo con alegría e compromiso.
  • 20/01/2017
  • Charla demostrativa sobre predicións meteorolóxicas impartida por persoal de Meteo Galicia.
  • Que mellor ocasión para comprender os fundamentos científicos das predicións meteorolóxicas cando estamos observando como unha vaga de frío percorre a península mentres aquí nas Rías Baixas gozamos dunhas xornadas moito máis benignas en canto a temperaturas e precipitacións, con ausencia da neve que no Mediterráneo acada altitudes de nivel do mar.
    No IES Plurilingüe A Paralaia, organizada pola profesora do ámbito científico, Águeda Lago, tivo lugar na tarde de onte unha charla demostrativa dos fundamentos científicos e técnicos da meteoroloxía destinada ao alumnado das ensinanzas de secundaria de adultos, impartida por persoal de MeteoGalicia.
    O centro agradece ós meteorólogos galegos a iniciativa de impartir este tipo de charlas nas que acoden aos centros de educación con instrumental didáctico para achegar ó alumnado o tan importante labor que realizan a cotío en beneficio de tantos sectores produtivos de de ocio da sociedade.
  • Ver foto.
  • 17/01/2017
  • Publicación do vídeo do acto de graduación do curso 2015-16.
  • Ver vídeo.
  • 17/01/2017
  • Visita ao Parlamento de Galicia.
  • O vindeiro martes 17 o alumnado de 1º curso de CS de Administración e finanzas e de 2º curso de CM de Xestión Administrativa farán unha visita ao Parlamento de Galicia.
  • Organiza o departamento de administrativo.
  • Ver fotos.
  • 16/01/2017
  • Curso taller de primeiros auxilios e protección contraincendios.
  • O pasado luns 16 celebrouse unha charla-taller sobre cómo actuar en supostos de primeiros auxilios e manexo de extintores, impartida por D. Ricardo Olabegoya.
  • A actividade estivo dirixida a todo o alumnado de ciclos formativos e formación básica, e foi impartida en distintas quendas tanto pola mañá como pola tarde.
  • Actividade organizada polo departamento de FOL.
  • Esta é unha actividade que se ven repetindo dende fai varios cursos, e que este ano incluíu a novidade de complementarse cunhas prácticas de emprego de extintores na loita contra incendios.
  • A actividade estaba dirixida a todo o alumnado dos Ciclos Formativos e da Formación Profesional Básica, os cales participaron dando mostras de grande interese e valorando moi positivamente esta formación de carácter eminentemente práctico.
  • Para garantir unha formación práctica na que o alumnado participase de xeito activo, formáronse tres grupos, estes realizaron as prácticas da RCP empregando para elo bonecos simuladores para primeiros auxilios, ademais de recibir información de como actuar ante unha situación de emerxencia.
  • Pola tarde, e xa con todo o alumnado participante presente, realizáronse unhas prácticas de extinción de incendios empregando para elo extintores polivalentes de po ABC e de CO2.
  • Este ano a Xornada foi impartida polo persoal da empresa Simulacros Formación en emerxencias, e contou coa colaboración de Extintores CTM. Dende o I.E.S. Plurilingüe A Paralaia, consideramos que esta é unha acción fundamental que complementa as actividades da aula, que contribúe a acadar unha formación integral do noso alumado das diferentes familias profesionais e seguiremos organizando accións que impliquen unha maior calidade na formación do noso alumnado.
  • Ver vídeo do taller de primeiros auxilios.
  • Ver vídeo do taller contraincendios.
  • 19/12/2016
  • O luns día 19 o alumnado de portugués de 1º, 2º, 3º, e 4º de ESO realizará unha visita pedagóxica a Guimarães. Cun guía da Câmara Municipal faremos un percurso guiado polos lugares máis representativos da vila, e logo os alumnos realizarán unha ginkana na que deberán buscar de información sobre aspectos relevantes da localidade.
  • Organiza o departamento de portugués.
  • 05/12/2016
  • Publicación do calendario de exames de materias pendientes - 1º parcial.
  • Ver calendario.
  • 13/12/2016
  • Acción formativa: "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro".
  • O próximo 13 de decembro terá lugar na sala de usos múltiples de 9 a 10:30 a seguinte actividade organizada pola Consellería de Educación: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro.
  • É unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño e de bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia, para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.
  • Participará un técnico do IGAPE e unha persoa emprendedora proporcionada polo noso centro que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal.
  • Actividade organizada polo departamento de administrativo.
  • 30/11/2016 .. 21/12/2016
  • Campaña "Paralaia, a vaca solidaria".
  • Por estas datas como todos os anos colaboramos con Cáritas Moaña na recollida de alimentos para a xente mais necesitada da nosa vila.
  • Nesta ocasión pedímosvos que aportedes se é posible os seguintes alimentos:
    • Leite.
    • Aceite.
    • Comida precociñada (garabanzos, lentellas, fabas, etc.).
    • Latas: conservas, verduras, fabada, albóndigas, etc).
  • Facemos un chamamento para a vosa colaboración.
  • O lugar para depositar os alimentos é en cafetería ao pé da nosa vaca paralaia.
  • 21/11/2016
  • Charla "Novas tecnoloxías e acoso escolar".
  • Dirixida ao alumnado de 1º da ESO.
  • 29/11/2016
  • O alumnado de 4º da ESO viaxará a Coruña a visitar a Real Academia da Lingua Galega (onde se lles informou do funcionamento e do labor desenvolvido pola institución), A Casa dos Peixes, a Casa de Emilia Pardo Bazán e unha exposición guiada sobre a historia do cómic galego que organiza a Universidade de A Coruña.
  • Tamén visitaron a exposición BDG 70 sobre a banda deseñada que se fixo en Galicia na década dos 70. Alí puideron contemplar obras orixinais de Reimundo Patiño ou Díaz Pardo entre outros autores relevantes.
  • Esta actividade está organizada polo Departamento de Lingua Castelá, o de Lingua Galega e o de Normalización Lingüística.
  • Ver reportaxe fotográfica.
  • 25/11/2016
  • O Departamento de “FABRICACIÓN MECÁNICA” dentro das súas  actividades pedagoxico-didácticas, ten programado a realización dunha visita a “EMAF 2016 – PORTO (Portugal)” que se celebrará en Porto dos días 23 ao 26 de novembro do 2016, con un grupo  de alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado (CMM1) (CMM2) (FP Basica) (BACHARELATO),  acompañados polos profesores titores. A visita farase o día 25 de novembro de 2016.
  • Consideramos de suma importancia a realización desta visita xa que, o nivel tecnolóxico punteiro que se expón nesta feira, nos serve de complemento as actividades académicas realizadas na escola.
  • 21..25/11/2016
  • O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración co instituto de As Barxas e o Concello expón durante esta semana uns paneis sobre a historia da lingua e outras cuestións ligadas ó uso do galego moi interesantes. Pertencen a unha exposición do cineasta Xan Leira, afincado en Moaña e Bos Aires. A exposición compleméntase coa proxección dun documental do realizador, que verán 1º e 2º de Bacharelato o venres día 25 de novembro de 11:30 a 12:20 na sala de usos múltiples.
  • Ver galería de fotos.
  • 21/11/2016
  • Alumnado do noso centro visitará o "Club Manga de Vigo" pasando alí todo o día, facendo actividades propias da subcultura manga: teatro, ginkanas, cosplay, etc.
  • Esta actividade está inscrita na serie de xuntanzas que se fai entre varios centros da zona.
  • Nesta ocasión, exerce como anfitrión o IES Alexandre Bóveda".
  • Esta actividade está organizada pola Biblioteca e os Clubes de Lectura.
  • 17/11/2016
  • O xoves 17 de novembro, ás 10:10 -en principio- na Sala de Usos Múltiples o alumnado de 2º de todos os ciclos formativos e os recén titulados terán unha charla informativa sobre o programa de becas remuneradas que ofrece o FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega). A charla ten unha duración aproximada de corenta minutos.
  • Ampliar esta información.
  • Ver galería de fotos.
  • 07/11/2016
  • Convocatoria da Asamblea ordinaria da ANPA "As Abelás" no IES Plurilingüe A Paralaia, o vindeiro luns 7 de novembro ás 20:00h co seguinte orde do día:
    • Lectura e aprobación da Acta anterior.
    • Estado de contas
    • Renovación da directiva da Anpa.
    • Rogos e preguntas.
  • 10/11/2016
  • Celebración do magosto e recepción do alumnado dos colexios adscritos.
  • Desenvolveranse as seguintes actividades:
    • Campionatos de baloncesto, brilé e gymcana, nos que participarán o alumnado de 6º curso dos colexios adscritos e o noso alumnado de 1º da ESO.
    • Obradoiro de maquillaxe de "Hallowen" para quen queira participar.
    • Postos de bocadillos e sobremesas nos que o alumnado de 4º da ESO recadará fondos para a excursión de fin de curso.
    • Asado de castañas e chourizos.
  • Ver galería de fotos.
  • 06..12/11/2016
  • 25 alumnos de 2º de ESO participarán no Campus de Inmersión Lingüística nos Peares.
  • NORMAS DE ACCESO ÓS AUTOBUSES
  • En tódalas paradas sobe primeiro ó autobús o alumnado de ESO e despois os de ensinanzas non obrigatorias: Ciclos de Formación Profesional e Bacharelato.
  • Se nas últimas paradas non hai sitio suficiente para todos os que agardan nelas, só poderá subir o alumnado de ESO quedando os das ensinanzas non obrigatorias agardando polo seguinte autobús, cando o haxa, ou indo pola súa cota se non o houbera.
  • En caso de que nun autobús se supere o aforo do mesmo nas últimas paradas só entrará o alumnado de ESO e, se fose necesario, baixará o alumnado de ensinanzas non obrigatorias que sexa suficiente para deixarlles sitio.
  • O incumprimento desta norma podería supoñer a retirada do dereito a ser transportado ó alumnado das ensinanzas non obrigatorias que a incumpran.
  • A ANPA no curso 2015 -  2016 colaborou financiando:
    • As castañas da celebración do Magosto 2015 (40 kg), a cesta de nadal xunto co supermercado Tandy e a compra das rifas para sorteala mesma. Total: 315€.
    • A excursión de 4º de ESO a Roma cunha aportación de 30€ para 25 socios -  750€.
    • Axuda á participación con 20€ aos 24 socios que participaron no intercambio á Bretaña Francesa dos alumnos de 3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
    • Excursións e actividades extraescolares, charlas e participación na graduación cunha aportación directa ó Instituto de 2000€.
    • Aportación para sufragar os gastos de transporte á selectividade na convocatoria de xuño ( 177€ ) e na convocatoria de setembro (316€), compartindo gastos coa ANPA das Barxas.
  • 05/10/2016
  • A dirección do centro reúnese coas familias para presentar o curso escolar 2016-17.
  • Ademáis, aprovéitase o acto para informar sobre as obras que se van levar a cabo no centro.

 

Manuel Paz, Daniel Redondo e Álvaro Portela

Alumnos do noso centro, atópanse xa en Perú para competir no Campionato do mundo de taekwondo.

Todos desexamos o voso éxito e animámosvos con forza dende aquí.

Ampliar esta información 

  • XA PODEMOS XANTAR NA CAFETERÍA DO IES
    • De luns a xoves, previa reserva (o menú do luns débese reservar entre o mércores e o venres da semana anterior), podemos xantar na cafetería do instituto.
    • Menú do día 6€. Primeiro prato - Segundo prato - Postre - Pan.
    • Tamén podemos encargar: bocatas, pizzas, ensaladas, pratos combinados, hamburguesas, ...
  • Tamén haberá servicio de cafetería polas tardes para as familias e nenos que adestran no ximnasio e no pavillón.

 

¡¡¡ ATENCIÓN: NOVOS ISBN LIBROS DE FÍSICA E QUÍMICA DE 2º BACH !!!