Anuario curso 2014-15

Actividades e eventos desenvolvidos no ou polo centro clasificadas cronolóxicamente

 


  • 21/06/2015
  • Noticia de Faro de Vigo: "Alumnos del IES A Paralaia harán prácticas en instituciones europeas.
  • Ver noticia completa.

 


  • 11..17/06/2015
  • Excursión a Londres.
  • Un grupo de alumnos de 4º de ESO disfrutou duns días en Londres paseando por barrios emblemáticos e visitrando edificios históricos e museos.
  • Ver galería de fotos.

 


 


  • Actividade de final de curso.
  • Como remate de curso, o venres 19, o alumnado de ESO  realizaremos unha visita a Marín organizada polo Departamento de actividades extraescolares: Parque dos sentidos, Petrogrifos de Mogor e Praia de Mogor.
  • Sairemos ás 09:45 e regresaremos ás 13:45.
  • Ver galería de fotos.

 


  • 12/06/2015
  • O pasado venres tivo lugar a xornada de portas abertas para o alumnado que o próximo ano cursará 1º da ESO no noso instituto.
  • O alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos, acompañados dos seus pais, visitaron o centro e coñeceron as instalacións.
  • Rematamos con unha merenda preparada por os alumnos de 3º da ESO, que serán os seus titores acompañantes durante o próximo curso.
  • Ver galería de fotos.

 


O alumnado de 1º ESO participa nun concurso de reciclaxe, a nivel estatal, chamado "RECYCLEYES". Eeste é un proxecto de divulgación das actividades de reciclado que levamos realizando durante o actual curso.

  • Este concurso foi proposto por APAS (Sociedade española para apromoción de actividades socioculturais), unha sociedade que pretende transmitir a importancia da reciclaxe e a súa potenciación.
  • Foron establecidas dúas categorías: a máis votada en internet e a elexida polo Xurado Naciona.
  • O noso centro participa con varios vídeos realizados polos nosos alumnos onde mostran as manualidades que realizaron con material para reciclar e expresan a importancia da reciclaxe.
  • Os vídeos, no caso de ser elexidos, poderán ser utilizados por APAS para apromoción do reciclado ou outras actuacións de carácter medioambiental.
  • O premio sería de 500€ en metálico e outros 500€ en material escolar.
  • Aquí temos o traballo dos nosos alumnos:

 


  • 29/05/2015
  • Ceremonia de graduación.
  • Lugar: Pavillón polideportivo do IES.
  • Hora: 18:30h.
  • Ver galería de fotos.

 


  • 28 e 29/05/2015
  • O departamento de música organiza a actividade "Visita a Celanova, concerto didáctico".

 


  • 22,25/05/2015
  • O alumnado de 1º e 2º de ESO participará na actividade "TAEKWONDO NA ESCOLA" organizada polo departamento de Educación Física, nas seguintes datas:
  • Venres 22 de maio, 2º de ESO, de 11:30h a 13:30h.
  • Luns 25 de maio, 1º de ESO, de 11:30h a 13:30h.

 


  • 20, 22 e 26/05/201
  • O alumnado de 4º de ESO A participará na actividade "CONTACONTOS" organizada polos departamentos de Lingua Galega e Normalización nas seguintes datas e horas:
    • Mércores, 20 de maio en Abelendo de 12:30h a 14:00h
    • Venres, 22 de maio en AFAMO de 11:00h a 12:20h
    • Martes, 26 de maio en Quintela de 10:00h a 11:30h
  • Ver memoria da actividade e galería de fotos.

 

  • 19 de xuño.
  • Exposición de proxectos desenvolvidos polo alumnado de 2º curso de C. S. de Sistemas Electrotécnicos e Automáticos.
  • Programa de exposicións:
    • 19/06/2015 ás 11:30h:
      • Instalación eléctrica de baixa tensión para edificio singular con planta baixa adicada a garaxe, primeiro andar adicado a aparthotel e segundo andar adicado a vivendas individuais.
    • 19/06/2015 ás 12:20h:
      • Instalación eléctrica de baixa tensión de local adicado a laboratorio farmacéutico.
    • 19/06/2015 ás 13:10h:
      • Instalación eléctrica de baixa tensión de local adicado a carpintaría de madeira.

 


  • 28 e 29/05/2015
  • O departamento de música organiza a actividade "Visita a Celanova, concerto didáctico".

 


  • 20/05/2015 ás 10:15h
  • Inauguración da denominación da Biblioteca "A Poza da Moura" do noso centro.
  • O cambio de nome da bibloteca resposta á nova orientación que se lle quere dar, vencellándoa ao patrimonio histórico e cultural de Moaña e converténdoa nun elemento dinamizador da cultura da zona.
  • No acto de inauguración visualizouse un avance do documental sobre lendas de Moaña que están a realizar os alumnos de terceiro curso de ESO, e no que colaboraron autoridades na materia como Xosé Villaverde, autor do libro Lendas de Moaña, ou o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Ramón Mariño Ferro.
  • Ver galería de fotos.
  • Ver artigo Faro de Vigo 21/05/2015.

 

  • 13..24/05/2015
  • O departamento de Francés organiza unha exposición de carteis do Festival de Cannes a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato.
  • Ver galería de fotos.

 


  • O alumnado de 1º e 2º de ESO participará na actividade "TAEKWONDO NA ESCOLA" organizada polo departamento de Educación Física, nas seguintes datas:
    • Venres 22 de maio, 2º de ESO, de 11:30h a 13:30h.
    • Luns 25 de maio, 1º de ESO, de 11:30h a 13:30h.

 


  • 17/04/2015 de 11:30h a 12:20h na aula de usos múltiples do centro.
  • Charla: "70 anos de liberación do campo de exterminio de Auschwitz".
  • Participan:
    • Ania Horszovsky – Supervivente do gueto de Lvov (Ucrania).
    • Micheline Wolanovsky – Papiernik – Supervivente da ocupación nazi de París.
    • Daniel Candal- Fotógrafo
  • Visualizar vídeo sobre a charla.

 

  • 14/05/2015
  • Carreira de orientación.
  • O alumnado de 4º de ESO (A-B-PDC) e 1º de Bacharelato (A-B) participará na actividade "CARREIRA DE ORIENTACIÓN" organizada polo departamento de Educación Física en Pontevedra, de 08:30h a 13:50h.

 


 

  • 05/05/2015 de 10:20h a 13:30h.
  • Demostración de impresoras 3D.
  • Os departamentos de Tecnoloxía e de Metal, coa colaboración de Contratos Programa e a empresa Kilo3D organizan unha xornada adicada á demostración do funcionamento das impresoras 3D e dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, así como ao de Formación Profesional das especialidades de Electricidade e Metal.
  • Ver Cartaz.

 


  • 21/04/2015
  • Obradoiro de banda deseñada.
  • Para conmemorar este ano o Día do libro, o martes 21 de abril os alumnos de 2º da ESO tiveron na biblioteca unha actividade dirixida polo ilustrador e debuxante de banda deseñada Xosé Tomás.
  • Ver reseña.

 


 

  • 27/02/2015
  • Entrega de premios do concurso de cartas de amor (lettres d´amour), do Departamento de Francés.
  • Gañadores:
    • Iria Portabales.
    • Samuel Parada.
    • Vera Santomé.
  • Ver galería de fotos do acto.

 


  • 05/12/2014
  • O venres 5 de decembro, ás 12:00h 34 alumnos e 2 profesores fumos á Crèperie Bretonne, de Vigo, para ver a elaboración das típicas galettes bretonnes de sarrasin e as filloas tamén típicamente bretonas.
  • Ver galería de fotos.

 


  • 28/11/2014
  • Conferencia sobre CARTAS DE AMOR E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • Relatora: Gloria Serrano, representando á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Horario:
    • 09:00 a 11:00    3ºESO, 4ºESO e PDC.

 


  • 28/11/2014
  • Conferencia sobre VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • Exposición a cargo dos responsables da Delegación do Goberno de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos
  • Horarios:
    • 09:20 a 11:00    3ºESO, FP Básica e 1ºBacharelato.
    • 11:30 a 13:30    4ºESO e Ciclos Medios.

 


  • 26 e 27/11/2014
  • Conferencia sobre NOVAS TECNOLOXÍAS E ACOSO ESCOLAR.
  • Exposición a cargo dos responsables da Delegación do Goberno de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
  • Horarios:
    • 26/11/2014:
      • 09:20h a 11:00h    1ºESO
      • 11:30h a 13:30h    2ºESO
    • 27/11/2014:
      • 09:20h a 11:00h    3ºESO
      • 11:30h a 13:30h    4ºESO
  • Ver foto.

 


  • 19 a 22 de novembro de 2014.
  • Visita a EMAF 2014 en Porto (Portugal).
  • Un grupo de alumnos dos dous cursos de Ciclo Medio de Mecanizado, FP Básica e Bacharelato visitaron EMAF 2014 en Porto acompañados polos seus profesores titores.
  • A visita, a esta feira de nivel tecnolóxico punteiro, serve de complemento ás actividades académicas realizadas na escola.
  • Ir á galería de fotos.

 

24/10/2014
Título: 
Campaña contra o tabaquismo escolar.

Desenvolvemento: O vintecatro de outubro tivo lugar o comezo das XIII Xornadas sobre Cancro de Mama na sala de plenos do Concello de Cangas, promovido por ADICAM. Algúns dos nosos alumnos participaron, xunto con outros do IES Mª Soliño de Cangas, explicando a presentación sobre a campaña de Prevención de Tabaquismo EScolar que estivemos desenvolvendo durante o curso 2013-14 e que continuaremos neste curso.

Todo elo coordinado pola Asociación de diagnosticad@s de concro de mama "ADICAM".

Ir á web de ADICAM.
Ver documento memoria da actividade con fotos.
Ver Ensaio clínico no IES Plurilingüe A Paralaia.

 

20/10/2014 Título:
Taller teórico-práctico "APRENDENDO A APRENDER" impartido por un Técnico do Concello.
Relator:
un Técnico do Concello.

Información da actividade:

Lugar: Casa da Mocidade de Moaña.

Destino: Ao noso alumnado de Formación Profesional Básica e Programa de Diversificación Curricular.

Obxectivo: Destacar a importarcia da vontade, o hábito, a curiosidade e a utilización das secuencias e as ferramentas para mellorar o noso proceso de aprendizaxe.

Contidos:

  • Técnicas e hábitos de estudo.
  • Secuencias e ferramentas de estudo: resumos, esquemas, visualización e exames.
  • Cómo nos gusta que nos ensinen.
  • A curiosidade e a actitude crítica.
  • As potencialidades das persoas para a prendizaxe.