Anuario curso 2013-14

Actividades e eventos desenvolvidos no ou polo centro clasificadas cronolóxicamente 

 

02/03/2014
Premio

Parabéns a Mª CARMEN ALONSO PÉREZ.

Compoñente do equipo de traineriñas Samertolaméu, campeonas do LXVIII Campeonato de España.

A comunidade educativa felicita a Mª Carmen e ao resto de compoñentes do equipo polo título acadado.

Ver artigo de Faro de Vigo.

02/03/2014
Premio

Parabéns a ISMAEL FREIRE PIÑEIRO.

Gañador do 4º premio do Concurso de Cómic Concello de Moaña, edición de 2014.

A comunidade educativa felicita a Francisco e anímao a que continúe coa afección como creador de cómics.

Ler máis.

02/03/2014
Premio

Parabéns a ADRIÁN DE MATOS ALONSO.

O sábado, 15 de febreiro, o noso alumno Adrían de Matos Alonso logrou o 3º premio no 6º concurso de relatos "Ciencia que Conta", organizado pola Fundación Barrié e a Universidade de Vigo co seu relato "A través do espello"

A dirección do centro, o profesorado e a comunidade escolar en xeral desexan facer públicos os parabéns a este alumno que demostra ter madeira de escritor.

Ler o relato premiado.
Ver foto da entrega de premios.
Para felicitar cun comentario ao seu autor, entrar no blogue da biblioteca Mar de soños.
Ampliar a información sobre o evento.
Enlace á Fundación Educa Barrié

  13/12/2013
PConcurso fotográfico
"Fotos pola igualdade"
 
Parabéns a PAULINO FERNÁNDEZ DURÁN.

 

 

O pasado día 13 de decembro, o noso compañeiro Paulino recibiu un premio do concurso fotografico "Fotos pola Igualdade", organizado polo Grupo de Accion Costeira 7 Ria de Vigo-A Guarda. Ver foto premiada.

O IES A Paralaia quere felicitar e recoñecer o traballo de Paulino e animalo a que continúe con esta gratificante actividade.

Ver noticia en portal Baionatv.          Ver galería persoal de fotos.

1..20/12/2013
Devolución de prendas de vestir extraviadas no centro

Nota informativa:
O alumnado que bote en falta roupa, pódea recuperar na exposición da sala de alumnos.

Ver foto

 

25/06/2014
Título:
O meu primeiro Power Point en Inglés.

Resumo:
Traballos desenvolvidos por alumnos de 1º de ESO para a asignatura de Proxecto Interdisciplinar "Unha viaxe por Europa".

Ver traballo "Viaxe ao festival TomorrowLand en Bélxica".
Ver traballo "Viaxe ao campionato World Agility Open Championships en Italia".

15/06/2014

O alumno Alejandro Fernández Martínez desenvolveu un Proxecto feito en Inglés coa profesora Rosa García para o Proxecto de Dinamización da Lingua Galega.

Ver o traballo.

  • 19/06/2014
  • Concerto en Celanova.
  • O alumnado de 2º de ESO visitaron o Mosteiro de San Salvador e a Capela de San Miguel en Celanova, onde asistiron a unha lección sobre o órgano impartida por Marisol Mendive ... Ler máis.
  • Ver vídeo.

  • 13/06/2014
  • Concerto final de curso adicado a Wagner e Verdi.
  • Celebrouse de 10:10h a 11:00h no patio exterior ao carón do pavillón.
  • Participaron todos os cursos de ESO e 1º de Bacharelato, ben sexa como intérpretes ou como público.
  • O profesorado tamén asistiu ao acto e incluso participou nel.
  • Ver galería de fotos.

  • 15/06/2014
  • O alumno Alejandro Fernández Martínez desenvolveu un Proxecto feito en Inglés coa profesora Rosa García para o Proxecto de Dinamización da Lingua Galega.
  • Ver o traballo.

  • 01/06/2014
  • 1ª Andaina solidaria do IES Plurilingüe A Paralaia
  • O IES Plurilingüe A Paralaia organiza o vindeiro 1 de xuño unha ANDAINA SOLIDARIA cuxo obxectivo é axudar á poboación mais desfavorecida do Municipio de Moaña (Pontevedra), polo que solicitamos a colaboración da comunidade educativa, institucións, posibles empresas colaboradoras e á cidadanía en xeral , co fin de axudar na realización do evento.
  • A finalidade desta primeira andaina é recoller alimentos para repartir, a través de Cáritas Moaña, ás distintas familias necesitadas, xa que dende o centro observamos a notable número de casos que presentan estas necesidades.
  • Por todo isto, gustaríanos contar coa participación de todos/as para levar a cabo con éxito esta evento, agradecendo encarecidamente de antemán a colaboración.
  • Ver cartel.
  • Ver galería de fotos.

  • 30/05/2014
  • CONTACONTOS NO CEIP SEARA.
  • O alumnado de 4º de ESO B visitou o centro para contarlles, aos máis cativos de infantil, uns contos que estiveron preparando durante o curso na materia de Lingua Galega coa profesora Carmen Otero en colaboración co EDLG.
  • Os contos que escenificaron foron:Uns actores impresionantes e un público encantador.
    • O Pirata Pata de Lata.
    • A ratiña Presumida.
    • Amores de Rato e Gato.
    • A cebra Camila.
  • Ver galería de fotos.

  • 29/05/2014
  • Campaña "En galego con toda frescura".
  • Campaña realizada polo EDLG en colaboración co Servizo de Normalización do Concello de Moaña. Nela participou a maior parte do alumnado de 1º de bacharelato e consistiu en elaborar unhas listaxes de produtos frescos en galego (verduras, legumes, froitas, peixes e carnes) que se repartiron entre os establecementos dispostos a participar na iniciativa, cos que previamente contactou o alumnado.
  • Debido ao escaso orzamento do que se dispón para a promoción social da lingua, o proxecto non puido ser máis ambiciioso, aínda así, todos nos sentimos moi satisfeitos de contribuír, na medida do posible, a que a nosa lingua se empregue con toda normalidade en calquera ámbito.
  • Ver artigo de Faro de Vigo.

  • 22..30/04/2014
  • CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LEITE.
  • Solicitamos a colaboración da comunidade escolar con Cáritas Moaña para a recollida de leite para a xente do noso Concello.
  • Aínda que se admite calquera tipo de leite, preferentemente precísase SEMIDESNATADO, xa que vale para a maior parte da poboación.
  • Tamén se precisan GALLETAS.
  • Lugar de recollida: CAFETERÍA DO CENTRO.
  • GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

11/04/2014
Xornada de senderismo

Título:
Xornada de senderismo de alumnado e familiares ata o monte A Paralaia.
Presentación:
O Monte Paralaia é un dos que presiden o val no que se atopa o IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. A súa permanente presenza visual e as súas singularidades xeográfica, histórica, mítica e máxica, merecen que un lugar no que tamén hai unha cova non exentade lenda,dea o seu nome. Na súa forma de uso popularmente máis estendido de A Paralaia a un instituto que se irá facendo, igualmente paseniños, un referente.

Ver artigo de Faro de Vigo.
Ver galería.

07..11/04/2014
III Semana de consumo responsable

Título:
III Semana de consumo responsableContrapublicidade en tempo do nadal.

Presentación:
Do 7 ao 11 de abril, no IES Plurilingüe A Paralaia: Obradoiros, palestras, exposicións, mesa de troco, documentais, etc.

Ver cartaz.
Ver nota enviada ás familias.
Ver artigo Faro de Vigo 07/04/2014.
Ver vídeo

  • Semana do 24 ao 28 de marzo.
  • Exposición de proxectos desenvolvidos polo alumnado de 2º curso de C. S. de Sistemas Electrotécnicos e Automáticos.
  • Programa de exposicións:
    • 24/03/2014 ás 12:20h:
      • Instalación eléctrica e de telecomunicacións para taller de mecanizado e oficina técnica de deseño de pezas.
    • 25/03/2014 ás 10:10h:
      • Reforma integral do ximnasio SPARTACVS.
    • 25/03/2014 ás 12:20h:
      • Instalación eléctrica e audiovisual de baixo comercial con locais adicados a asesoría, librería e ludo-cafetería.
    • 26/03/2014 ás 12:20h:
      • Instalación eléctrica, de telecomunicacións e de seguridade de intrusión de local adicado a clínica veterinaria.
    • 26/03/2014 ás 16:00h:
      • Instalación eléctrica e de telecomunicacións para centro de negocios e garaxe con ventilación forzada.
    • 26/03/2014 ás 17:30h:
      • Instalación eléctrica e de telecomunicacións de edificación adicada a actividades polideportivas e centro de formación.
    • 27/03/2014 ás 10:10h:
      • Instalación eléctrica de local adicado a perruquería.
    • 27/03/2014 ás 11:30h:
      • Instalación eléctrica de local adicado a ximnasio. 
Do 25/03 ao 04/04/2014 - Exposición fotográfica Título:
Exposición de fotografía InvestigArte.

Desenvolvemento:
InvestigArte é a exposición que recolle as mellores obras artísticas da primeira edición do concurso de fotografía científica do mesmo nome, organizado por EducaBarrié, Campus Vida e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago e cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade á vez que activar a visión artística dos alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

Ver galería de fotos

28/03/2014
Visita
Título:
Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Descrición:
O alumnadode 3º de ESO pertencente ao Club de Lectura, acompañado por dúas profesoras de Lingua Galega, realizará unha visita guiada ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e posteriormente asistirá á representación teatral "As do peixe", de Abrapalabra Creacións Escénicas, escrita por Cándido Pazó.
A actividade, organizada polo EDLG e o Club de Lectura, desenvolverase entre as 09:20h (hora de saída) e as 13:10h (hora aproximada de chegada ao Instituto).
Ir ao sitio web do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
25/03/2014
Visita

Visita:
Visita á explotación de agricultura ecolóxica que "Horta Agrelo" ten no Concello de Bueu e asistencia a unha charla sobre agricultura ecolóxica e sostenibilidade.

Contido:
O alumnado de 1º de Bacharelato xunto co de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de Bacharelato desenvolveron a actividade descrita.
A actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais, está enmarcada no traballo que vimos realizando dende o centro nos últimos anos para conciencias ao alumnado da necesidade dun Consumo Responsable.
Nas instalacións de Horta Agrelo, o alumnado recibiu unha explicación de en que consiste a agricultura ecolóxica, viron como se organiza unha horta, como se fai compost, andaron polos invernadoiros, etc.
Ademais, puideron observar a importancia que seres como as xoaniñas ou as miñocas teñen neste tipo de explotación. Alí as galiñas colaboran!
Tamén aprenderon a importancia de mercar produtos "quilómetro cero" e do desenvolvemento no rural.
Falaron da necesidade de ser consumidores responsables apoiando os labregos do Morrazo e como debemos coidar a nosa terra para non estragala para as xeracións vindeiras.

Ver galería de fotos

Ir ao sitio web de Horta Agrelo

22/03/2014
1º Encontro de antigos alumnos do IES Plurilingüe A Paralaia

Título:
1º Encontro de antigos alumnos do IES Plurilingüe A Paralaia.

Programa:
Recepción no noso centro do alumnado de promocións anteriores.
Xuntanza na sala de usos múltiples.
Ágape na cafetería do centro.

Este acto foi organizado por un grupo de exalumnos coa finalidade de reunirse cos seus antigos compañeiros/as e profesores/as polo que agradecemos a colaboración e participación.

Ir á galería de imaxes.

18 e 19/03/2014
Xornadas Asperger

Título:
Xornadas Síndrome de Asperger.

Xornadas organizadas pola asociación ASPERGA en colaboración cos Departamentos de Orientación dos centros educativos de Moaña e Vilaboa.

Celebración:
18 e 19/03 2014 dirixido a profesionais da educación no IES plurilingüe A paralaia (trasladado ao IES As Barxas por mor do aforo).
22/03/2014 dirixido a familias e profesorado no Concello de Moaña.

Ver tríptico.
Ver artigo relacionado de Faro de Vigo 02/03/2014
Ver artigo Faro de Vigo 07/03/2014
Ver artigo Faro de Vigo 20/03/2014

17/03/2014
Visita a Santiago

Visita:
Visita guiada á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parlamento de Galicia.

Contido:
O luns, 17 de marzo, 18 alumnos de 4º da ESO e os profesores Miguel Platero Fernández e Álvaro Rodríguez Cid realizaron unha visita guiada da Catedral e o Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.
A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia do IES. Plurilíngüe A Paralaia, comezou cunha explicación dos elementos arquitectónicos da catedral e das distintas remodelacións que esta experimentou o longo dos séculos. Desde a cuberta da Igrexa os participantes comprenderon a importancia desta construción que converteuse, o longo dos séculos, nun dos tres grandes centros de peregrinación da cristiandade xunto coas cidades de Xerusalén e Roma.

O remate da mesma, o grupo desprazouse ate o Parlamento onde comprendeu a importancia, a composición e funcións desta institución. O alumnado, visitou o hemiciclo, a biblioteca e as distintas salas onde traballan os grupos parlamentarios (PP, PSOE, AGE e BNG) con representación nesta cámara.

Ver galería de fotos

10/03/2014
Conmemoración
Título:
Conmemoración do Día Internacional da Muller.
Relator:
Jorge Mira Pérez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC. Director do Programa ConCiencia

Ver cartaz do acto.
Ver galería de fotos.

06/03/2013

Unha unidade móvil de TELEVÉS especialmente deseñada e equipada con tecnoloxía de última xeración visitou o noso centro para amosar aos nosos alumnos da rama eléctrica as últimas novidades do sector das comunicacións dixitais, da TV do futuro; e en xeral presentar productos e solucións innovadoras desenvolvidas por TELEVÉS.

Ver máis.

Ver galería fotográfica.

26/02/2014
I Concurso
"Lettres d´amour"
Título:
I Concurso "Lettres d´amour".
 
Ver "lettres d´amour" gañadoras.
20/02/2014
Exposición

Título:
Exposición de banda deseñada.
Reseña:
Ver documento de reseña.
Ver galería de fotos do evento.
13/02/2014
Talleres
Título:
Talleres organizados pola Escola Galega de Consumo.
 

Cartaz do evento

Ver galería de fotos en Facebook

03/02/2014
Curso
Título:
Curso de primeiros auxilios 2014.

Relatores:
Dúas persoas pertencentes ao corpo de Protección Civil de Bueu.

O día 03.02.2014 celebrouse na sala de usos múltiples, Xornada de Primeiros Auxilios (Soporte Vital Básico), impartidos por membros de Protección Civil de Bueu e dirixida a todo o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional e Programa de Cualificación Profesional Inicial, con moita asistencia e participación

Ver anuncio actividade
Ver galería de fotos

Ver vídeo Youtube

31/01/2014
Visita a Inditex
Título:
Xornada de achegamento a Inditex.
Memoria da actividade:
O alumnado de 2º de Bacharelato, CS de Administración e Finanzas e o de CM de Xestión Administrativa visitaron as instalacións de Inditex en Arteixo.
Alí puideron ver os distintos departamentos en que se organiza a empresa, facendo especial fincapé na súa loxística.

Ver fotos do evento

19/12/2013
Visita ao Parlamento de Galicia
Título:
Xornada de achegamento ao Parlamento de Galicia.
Memoria da actividade:
O alumnado de CS de Administración e Finanzas e o de CM de Xestión Administrativa visitaron o Parlamento de Galicia

Ver fotos do evento

11/12/2013
Día dos dereitos humanos
Título:
Día dos dereitos humanos 2013.

Resumo:
Marta ocupándose da palabra e Brais encargándose da música forman o grupo "A tropa de trapo"
Impartirán unha sesión de contacontos e un obradoiro ao alumnado de 2º de ESO o vindeiro 11 de decembro.
Esta actividade, organizada polo equipo da biblioteca, forma parte do traballo que se desenvolve no centro para conmemorar o "Día dos Dereitos Humanos"

O lema do día este ano é: "20 ANOS: TRABALLANDO POLOS TEUS DEREITOS"

Ver imaxes

Do 9 ao 11/12/2013 -
III Mesa de troco do
IES A Paralaia

Título:
III Mesa de troco do IES A Paralaia

Organizan:
Biblioteca e Grupo de Consumo Responsable

Presentación:
Desde o equipo da biblioteca e o grupo de consumo responsable queremos animarvos a participar (e a animar a participar ao alumnado) na III Mesa de Troco que ides atopar os días 9, 10 e 11 de decembro na sala de alumnos.

Trátase de que traiades calquera cousa que teñades en casa en bo estado e que non utilicedes, desde roupa a libros. Podedes deixala na mesa de troco e tamén podedes levar o que queirades...

O que queremos é promover outra posible economía, baseada no intercambio e na solidariedade, unha economía máis humana e solidaria, fronte ao consumismo desaforado característico destas datas.

Agardamos a vosa participación!

Ver cartaz

Ver carta enviada aos pais e titores legais

Ver nota de prensa

Ver galería de fotos

09/12/2013
Exposición

Título:
Contrapublicidade en tempo do nadal.

Presentación:
Exposición

Ver galería de fotos

18..29/11/2013
Quincena musical

Título
Quincena musical

Actividade escolar:
Conmemoración do bicentenario do nacemento do músico italiano Giuseppe Verdi (1813-1901) e do músico alemán Richard Wagner (1813-1883)

Clasificación:
Actividade escolar desenvolvida polo departamento de música.

Ver anuncio da actividade

Ver documento da memoria da actividade

Ver galería do evento

25/11/2013
Charla

Título:
Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento

Presentación:
Na data indicada tivo lubar no salón de actos do IES A Paralaia unha charla a cargo de Manolo S. Bayona baixo o título: "Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento".
Baladre é unha coordinación a nivel estatal de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Está formada por colectrivos e xentes baixo unha vontade común: A loita contra a desigualdade e a inxustiza que provoca o capitalismo.

Aínda que estivo inicialmente dirixida ao alumnado de 4º de ESO (ás 11:30) e ao alumnado de 1º de Bacharelato (ás 12:20), a charla estivo aberta a todas as persoas interesadas.

Ver nota de prensa Faro de Vigo

Ver artigo Faro de Vigo

Ver galería de fotos

21/11/2012 - Visita

Destino:
Feira internacional de maquinaria e ferramenta de Oporto.

Memoria:
Os alumnos dos ciclos formativos de mecanizado, PCPI e bacharelato tecnolóxico visitaron a Feira Internacional da Máquina Ferramenta EMAF 2012 en Oporto o día 21 de novembro.
Os fabricantes de este sector expoñen os seus produtos e novidades.
Este ano expuxeron máis de 200 empresas a nivel internacional. A variedade na esposición vai dende ferramentas, sistemas de protección, tornos, fresadoras ... ata programas informáticos.

Galería:

15/11/2013
Recital de poesía
Título:
Recital de poesía.
Relatores:
Os poetas da hostia
Memoria da actividade
12/11/2013 - Videoconferencia
Título:
Cómo medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
Relator:
Jorge Mira Pérez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC. Director do Programa ConCiencia
Cartaz do evento
06/11/2012 - Videoconferencia Título:
Facendo física de partículas polo mundo.
Relatores:
Investigadores galegos no campo da física de partículas de diversas universidades
Memoria da actividade
21/10/2013
Actividade
Título:
Actividade Galego.
Relatores:
Ver fotos do evento
18/10/2013
Xornada
Título:
Xornada de fomento do espíritu emprendedor na escola.
Memoria da actividade:
Departamentos implicados: Economía, Administración e FOL.
Cursos: 2º Bacharelato, 2º CS Adminstración e Finanzas, 2º CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, 2º CM Xestión Administrativa, 2º CM Mecanizado e 2º CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.
Trátase de unha actividade organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra cuxo obxetivo é fomentar a motivación das persoas emprendedoras

Ver fotos do evento

 

 

  • 18/02/2014 V olimpiada de Xeoloxía
    • O pasado 18 de febreiro, cinco alumnos/as de Bioloxía de 1º de Bacharelato participarán na V OLIMPIADA DE XEOLOXÍA que tivo lugar na ETS de Enxeñería de Minas do Capus de Vigo.
    • As probas tiveron lugar na Escola de Enxeñeiros de Minas no CUVI quedando como 1º Premio de Grupos na fase provincial de Pontevedra.
    • Para conseguir o premio tiveron que realizar un exame práctico de recoñecemento de minerais e rochas e de xeomorfoloxía. A continuación unha proba de traballo con mapas e xa pola tarde un exame teórico individual.
    • Finalmente asistiron a unha serie de prácticas de laboratorio na propia escola para rematar coa entrega de premios.
    • As alumnas participantes foron:
      • Lorena Paganini Costa.
      • Elsa Fervenza Chapela.
      • Andrea Lagoa Núñez.
      • Nerea Riveiro Ríos.
      • Mercedes Ojea Rouco.
    • As profesoras que as prepararon e acompañaron foron:
      • María José Dacosta Herbello (Preparadora e organizadora da participación na olimpíada).
      • Sofía Calo Vidal (Xefa de Departamento).
    • Ver foto do grupo de traballo.
    • Ver Diploma recibido.

 

 

  • 21/12/2013 Concerto de nadal.
    • Xa é tradición no noso centro a celebración do "concerto de nadal". Como de costume, houbo unha gran afluencia de público para presencialo sendo fundamental o acompañamento das súas palmadas nalgúns intres, o que o fixo más alegre e divertido. Noraboa aos músicos e aos asistentes. Esperamos que o seguinte sexa máis entretido si cabe.
    • Ver fotos do evento.

 

  • 21/12/2013 Campionato de futbito
    • Como en cursos anteriores, nas datas previas ás vacacións de nadal, celebrouse un campionato de futbito no que participaron catro equipos formados respectivamente por alumnos de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos de Administrativo, Metal e Electricidade, e de Profesores. Resultou gañador o equipo de Bacharelato.
    • Ver fotos do evento.

 

  • Ata o 13 de decembro, NO NADAL TODOS CEAMOS COA PARALAIA. Campaña de recollida de alimentos e xoguetes.
      • Presentación
        •    Un ano máis o noso centro leva a cabo unha recollida de alimentos, en colaboración con CÁRITAS. Este ano amplíase coa recollida de xoguetes.
               A data límite para a recollida é o 13 de decembro.
               QUE ALIMENTOS?: legumes, latas e conservas (de todo tipo), LEITE SEMIDESCREMADO, arroz, ACEITE de XIRASOL, galletas, doces de Nadal (turróns, polvoróns, mazapáns, ...), melocotón e piña no seu zume, cacao, café, azucre, cereais, zumes, ...
               QUE XOGUETES?: os xoguetes deben ir nunha caixa, se non tedes a orixinal mercar unha para poñer nela o mesmo, se leva pilas por favor non os esquezades de mercalas. Poden ser novos.
               ADVERTENCIA: Como a pasta xa a regalan as empresas produtoras, prégase cambiala por outro tipo de alimentos.
               Esperamos contar, un ano máis coa vosa colaboración.
      • Comunicado de agradecemento
        • Estimada Dirección:
          Adxunto remito carta de agradecemento pola colaboración que o voso Centro ven prestando á Asociación Asistencial Moaña Solidaria (Cáritas) cada Nadal.
          Agradecemento especial ao Departamento de Orientación pola labor tan grande que estivo realizando no Centro coa campaña de recollida de alimentos, xoguetes e roupa.
          Seguimos contando con vós. Un saúdo.
          Ana Álvarez.
          Ver documento

           

  • Resposta por parte do centro
  • Estimado/a correspondente:
    Unha vez máis o alumnado, as familias, o profesorado e o persoal en xeral deste centro, fixo o habitual xesto de contribuír para que as familias que o están a pasar mal con esta crise que non se da acabado, teñan un pequeno respiro nestas datas.
    Nesta ocasión aínda foron maiores as cantidades de alimentos recollidas e por iso queremos facer chegar ás familias o noso agradecemento como Instituto así como o das persoas que teñen o maior mérito de asumir o gran labor de repartir equitativamente o que outros boamente aportamos.
    Achegamos a carta de agradecemento da asociación que recibe os donativos e agradecemos que estas iniciativas se fagan públicas para manter a motivación dos donantes.
    Agradecidos pola colaboración que tamén vós prestades como medio informativo, recibide un saúdo cordial.
    O director.
    Ramón Eixo Blanco.
       Ver galería de fotos
       
    •  
    •  
  • 8/11/2013 XORNADAS DE ACHEGAMENTO IES-CEIP: Torneo magosto A Paralaia 2013
    • Desde o curso pasado véñense desenvolvendo unha serie de novidades entre as que podemos destacar a boa acollida ás titorías de acompañamento que realiza o alumnado de 4º curso da ESO cos seus compañeiros menores dos primeiros cursos, así como as medidas de reforzo escolar que realizan os maiores, de cursos de Bacharelato, axudando academicamente e resolvendo as dúbidas que teñen en determinadas materias.
      No contexto destas liñas de traballo está previsto reforzar as relacións coas familias e co entorno. Con tal motivo o pasado venres día 8 de novembro levouse a cabo unha primeira aproximación do alumnado, á que foron convidados os do último curso dos CEIP adscritos (Abelendo, Quintela, Seara e Tirán), organizando un encontro denominado XORNADAS DE ACHEGAMENTO nas que, igual que o curso anterior, celebrouse o TORNEO MAGOSTO A PARALAIA 2013.
      Celebráronse competicións deportivas entre equipos de alumnos e alumnas dos CEIP contra os seus compañeiros de 1º ESO de A Paralaia a partir das 10:00 e ata as 13:30 horas. O alumnados dos CEIP máis distantes foi recollido polo transporte escolar do IES e recibiu os correspondentes distintivos ó chegar ó centro.
      Houbo magosto de balde para todos e foi o alumnado que prepara a súa viaxe de fin de curso quen atendeu este aspecto así como o de ofertar outros produtos caseiros nos “chiringuitos” que neste tipo de ocasións montan para obter algúns recursos complementarios.
      Agradécese a presenza dos representantes dos medios informativos que se interesaron polas actividades desta data no centro.

       

    • Ver galería de fotos.

       

  • Do 28 ao 30 /10/2013 - Curso de educación da voz

  • 24/10/2013 - Folga do ensino contra a LOMCE