Anuario curso 2014-15

 

 



  • 20/05/2015 ás 10:15h
  • Inauguración da denominación da Biblioteca "A Poza da Moura" do noso centro.
  • O cambio de nome da bibloteca resposta á nova orientación que se lle quere dar, vencellándoa ao patrimonio histórico e cultural de Moaña e converténdoa nun elemento dinamizador da cultura da zona.
  • No acto de inauguración visualizouse un avance do documental sobre lendas de Moaña que están a realizar os alumnos de terceiro curso de ESO, e no que colaboraron autoridades na materia como Xosé Villaverde, autor do libro Lendas de Moaña, ou o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Ramón Mariño Ferro.
  • Ver galería de fotos.
  • Ver artigo Faro de Vigo 21/05/2015.

 



  • 21/04/2015
  • Obradoiro de banda deseñada.
  • Para conmemorar este ano o Día do libro, o martes 21 de abril os alumnos de 2º da ESO tiveron na biblioteca unha actividade dirixida polo ilustrador e debuxante de banda deseñada Xosé Tomás.
  • Ver reseña.

 



  • 28/11/2014
  • Conferencia sobre CARTAS DE AMOR E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • Relatora: Gloria Serrano, representando á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Horario:
    • 09:00 a 11:00    3ºESO, 4ºESO e PDC.

 



  • 28/11/2014
  • Conferencia sobre VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • Exposición a cargo dos responsables da Delegación do Goberno de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos
  • Horarios:
    • 09:20 a 11:00    3ºESO, FP Básica e 1ºBacharelato.
    • 11:30 a 13:30    4ºESO e Ciclos Medios.

 



  • 26 e 27/11/2014
  • Conferencia sobre NOVAS TECNOLOXÍAS E ACOSO ESCOLAR.
  • Exposición a cargo dos responsables da Delegación do Goberno de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
  • Horarios:
    • 26/11/2014:
      • 09:20h a 11:00h    1ºESO
      • 11:30h a 13:30h    2ºESO
    • 27/11/2014:
      • 09:20h a 11:00h    3ºESO
      • 11:30h a 13:30h    4ºESO
  • Ver foto.

 

20/10/2014 Título:
Taller teórico-práctico "APRENDENDO A APRENDER" impartido por un Técnico do Concello.
Relator:
un Técnico do Concello.

Información da actividade:

Lugar: Casa da Mocidade de Moaña.

Destino: Ao noso alumnado de Formación Profesional Básica e Programa de Diversificación Curricular.

Obxectivo: Destacar a importarcia da vontade, o hábito, a curiosidade e a utilización das secuencias e as ferramentas para mellorar o noso proceso de aprendizaxe.

Contidos:

  • Técnicas e hábitos de estudo.
  • Secuencias e ferramentas de estudo: resumos, esquemas, visualización e exames.
  • Cómo nos gusta que nos ensinen.
  • A curiosidade e a actitude crítica.
  • As potencialidades das persoas para a prendizaxe.