You are hereAnimación á lectura

Animación á lectura


Un ano máis... comezamos a ler...

Benvidas e benvidos de novo

Xa estamos no Plambe, Parabéns

 Este curso si. Xa temos axuda do Plambe, Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galiza. Parabéns a todos e todas.


 Para o 2011-2012 poderemos materializar algúns dos nosos proxectos de mellora de instalacións e actuacións da biblioteca. Imos ter que traballar máis, pero teremos axuda. Xa hai moitos e moitas dispostos a colaborar... Grazas ó profesorado e o alumnado que xa se brindou a facelo...

Roteiro literario do Club Ptolomeo pola terra de Arousa

 


O luns os integrantes, os e as que poideron viaxar, do Club de lectura Ptolomeo, realizamos un roteiro romántico pola comarca de Arousa, para desenvolver a última xuntanza deste curso nun entorno literario.

Helena Salgueiro e Nel de Toro

E como estabamos a desexar os gañadores do Premio á mellor interpretación feminina e masculina do Festival Intercentros deste ano son do noso instituto. Parabéns a Helena Salgueiro, que leva un ano... de colleita super, e a Nel de Toro.
Tamén damos parabéns ós outros e outras nominados e a todos os integrantes do grupo... o pasado mércores, no Teatro Principal, fixeron unha función fantástica que nos fixo disfrutar moito. Ánimo a todos e todas para continuar o traballo.

... E os nominados ó Premio á millor interpretación son...

 Por elas: Helena Salgueiro e Laura Seijas; e por eles: Nel de Toro e Bruno Gómez. Parabéns de novo para os catro.

Tantometén, os nosos actores e actrices triunfan un ano máis no Intercentros...

O grupo de teatro Tantometén, triunfa un ano máis no Certame de teatro intercentros de Compostela. A montaxe do grupo dirixido por Gustavo Dieste e formado por alumnado de todos os niveis do instituto, presentou unha adaptación da obra de Roberto Vidal Bolaño, Animaliños, que acaba de resultar vencedora do certame.

2º Premio Ánxel Casal e 2º Premio Minerva de poesía para Helena Salgueiro

 Helena Salgueiro, alumna de 4º de Eso B,  gañou con uns fermosos poemas  o segundo premio de poesía Ánxel Casal, premio que convoca o Concello de Santiago. Tamén o segundo premio do Certame Minerva que todos os anos entrega o colexio Manuel Peleteiro de Santiago, e que fai anos recibiu, nada menos que, Xosé Luis Méndez Ferrín.  

Concurso de fotografía sobre Convivencia de culturas en Santiago que propoñen a Biblioteca e os Departamentos de Linguas

O equipo de biblioteca e os Dptos. Didácticos de Linguas convocan un Concurso de fotografías sobre convivencia de culturas na nosa cidade. Os delegados e delegadas colgarán nas aulas a convocatoria coas bases para  participar.


Animádevos a coller a cámara e facer de fotoperiodistas. 

Encontro con Rosa Aneiros o mércores, 4 de maio

O próximo mércores, día 4 de maio, ás 19 horas, celebraremos a nosa xuntanza do Club da Libreta no Centro Socio-Cultural de Fontiñas.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos