You are hereAnimación á lectura

Animación á lectura


O Ptolomeo inicia a súa andaina neste novo curso

 O Club Ptolomeo  de lectores e lectoras mozas ven de comezar a súa andaina neste novo curso.  Lemos neste mes de outubro dúas obras. A primeira de banda deseñada, trata de mulleres emigrantes e ten un deseño ben fermoso, fírmaa  Xosé Tomás e titúlase  Nómades.

Xa estamos nun novo curso... Benvidos e benvidas

 Benvidos e benvidas de novo á biblioteca.


 O equipo da biblio temos boas novas para toda a comunidade escolar. O PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas escolares galegas) ven de concedernos máis de sete mil euros para que melloremos a nosa. Estamos pois de noraboa. A partir do luns podedes facer suxestións para a compra de fondos.

V XORNADA DE CLUBS DE LECURA

 

Fotos da V Xornada de Clubs de Lectura celebrada no Pazo de Congresos de Santiago, o sábado 9 de xuño e convocada pola Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación. Asistiron dúas alumnas do Club Ptolomeo, Sara e Camila e unha nai do Club da Libreta, Ofelia, coa coordinadora dos Clubs, Mª Xesús. O escritor que aparece nas fotografías é Eliacer Cansino.

Teresa Moure visita o noso Club da Libreta este mércores, 7 de marzo

Este mércores, 7 de marzo, visita o noso Club da Libreta a autora de Herba moura, a lingúista, profesora Teresa Moure.

A Paz tema de poesía

O Dia 30 de xaneiro, Día internacional da Paz, na lembranza do gran pacifista mahatma gandhi, entregamos os Premios de poesía do concurso A Paz tema de poesía.

 A Paz tema de poesía

Os Clubs de lectura siguen o seu camiño

Os tres clubs de lectura que veñen funcionando no centro desde fai anos, siguen o seu camiño lector, e están contaxiando a veciñas do barrio e a varios membros da comunidade escolar.

Que fan os libros pola noite? ... Dous vídeos ben feitiños...

O estar no Plambe ten estas ventaxas, os compañeiros e compañeiras envían feituras coma estas. Se queredes disfrutar un pouco picade en youtube

The joy of books

 

Xuntanza do Club Ptolomeo, o 18 de xaneiro: La lista de Schindler

Moi feliz ano a todos e todas, lectores, lectoras e seguidores do noso blog...

A xuntanza do Club de lectura Ptolomeo deste mes, celébrase o próximo mércores, 18 de xaneiro, ás 18,30 na biblioteca. Traede propostas de lectura, para o mes. Eu vou propoñer un cómic sobre a Segunda Guerra mundial.

O Club da Libreta le a Cunqueiro e a Claudel

O próximo mércores, 21 de decembro, ás 17 horas, o Club da Libreta, club de lectura dos pais, nais e profesorado do centro, teremos a xuntanza para comentar as lecturas do mes.

A Biblioteca colabora cos lectores e lectoras do Sahara

  A  nosa Biblioteca quere achegar lectura ós e ás que non teñen fácil tela pertiño, por iso colabora neste Nadal, co programa BUBISHER que puxeron en marcha os Grupos PLAMBE (Bibliotecas escolares galegas). Enviamoslles ós nenos e nenas dos campamentos de refuxiados do Sáhara un fermoso álbum, que non asusta nada, e que leva por título Un cuento lleno de lobos.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos