You are hereAnimación á lectura

Animación á lectura


Club da Libreta, lecturas de decembro, A lus do candil e Así empieza lo malo

Logo da xuntanza do mes de novembro, no que comentamos Deseo de chocolate, de Caren Santos, o Club da Libreta, elexiu como lecturas do mes de decembro, A lus do candil, de Änxel Fole, colección de relatos do autor lugués, como lectura dun clásico; e unha novela de recente aparición do autor madrileño, Javier Marías, Así empieza lo malo, proposta por varias das compoñentes do club.

Os clubs de lectura comezan a súa andaina un curso máis...

Un curso máis os nosos tres clubs de lectura comezan a súa andaina.

 O Club da Libreta, de adultos, le Deseo de chocolate, de Caren Santos.

 O Club Ptolomeo, de alumnado maior, O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.

Os Clubs da Libreta e Xira, Copérnico reciben a visita de Berta Dávila

Mañán, martes 6 de maio, os integrantes de dous dos nosos clubs de lectura, o de adultos/as, Club da Libreta e o das lectoras de primeiro ciclo, Xira, Copérnico,nunha xuntanza en común co club de lectura do IES Xelmírez I, recibimos a visita da narradora compostelá, Berta Dávila, gañadora do Premio Repsol de Narrativa co seu relato, O derradeiro libro de Emma Ollsen.

Premio do Parlamento de Galicia ás nosas creadoras literarias de 2º de ESO

 Alumnado de Cambados e Santiago de Compostela, gañadores do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia

 

Xabier P. Docampo no Instituto

Onte, mércores, recibimos a visita do escritor Xabier p. Docampo. Convocado polo ENL e o Departamento de Galego, o autor de, entre outras varias novelas, Cando petan na porta pola noite, gañou a atención e o  entusiasmo do alumnado e do profesorado que acudiu a escoitar a súa charla.

Rosalía e o seu mundo

   Rosalía de Castro vai centrar o traballo docente do instituto na próxima semana. Imos desenvolver o Proxecto Rosalía e o seu mundo,no que están implicados a práctica totalidade dos grupos do centro, e do profesorado. Escoitaremos poemas, e músicas, veremos dramatizacións preparadas polo alumnado, e escoitaremos charlas dos estudiosos da autora, Pilar García Negro, Celia Armas e Francisco Rodríguez.

O amor, o protagonista... de poesía visual

A pasada semana, os e as integrantes do Club de Lectura, Xira, Copérnico e a súa profesora, Angelines Salgado, regaláronnos unha colección de poemas, que ocuparon todo o edificio do instituto, e unha montaxe na entrada moi fermosa de poemas gráficos, alusivos ó tema do amor, o amor romántico, e o amor verdadeiro...

 

 

O amor, o protagonista... de poesía visual

A pasada semana, os e as integrantes do Club de Lectura, Xira, Copérnico e a súa profesora, Angelines Salgado, regaláronnos unha colección de poemas, que ocuparon todo o edificio do instituto, e unha montaxe na entrada moi fermosa de poemas gráficos, alusivos ó tema do amor, o amor romántico, e o amor verdadeiro...

 

 

Presentación de Tímidas tonterías de Sabela Aldrey

  O pasado venres, día 7 de febreiro, a nosa exalumna Sabela Aldrey, convidounos á presentación do seu primer poemario, que leva por título, Tímidas tonterías.

Benvidos e benvidas ó novo curso

Benvidas e benvidos ó novo curso académico 2013-2014... e o tempo segue a correr. E benvidos e benvidas de novo á Biblioteca.

 Estamos comezando o traballo, e por iso, agradecemos todas as suxestións que profesorado, alumnado, familias e personal non docente do instituto teña a ben facernos chegar.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos