Especial Nadal en Fraguas TV
Preme para ver o programa "Especial Nadal", emitido o pasado 22 de decembro, en directo, dende Fraguas TV:
Rompendo estereotipos de xénero
Hoxe venres 4 de decembro, o Equipo de Igualdade propuxo vir ao centro con saia, para rachar cos estereotipos de xénero.
25N contra a violencia machista
A mellor prevención contra a violencia machista é sempre unha educación que desbote prexuízos e estereotipos de xénero. Desde o IES Antonio Fraguas queremos achegar o noso gran de area para que poidamos deixar de lembrar o 25N, Día contra as violencias machistas. É por iso que nos unimos baixo este lema proposto polo alumnado de 1° de bacharelato B, xa que, como comunidade educativa, compartimos e comprendemos que a base dunha sociedade igualitaria é a coeducación.
Hoxe 25 de novembro, no primeiro recreo, alumnado e profesorado realizaremos unha concentración simbólica no patio para rexeitar todos os tipos de violencia contra as mulleres e en defensa dun mundo xusto e igualitario.
Os lemas que aparecen nos laterais da nosa web foron propostos polo alumnado do centro no concurso organizado pola equipa de igualdade, no que o lema central foi o gañador. (A votación final realizouse na conta de Instagram)
A ciencia necesítate !!
(preme no video para informarte en 33 segundos)
Este curso segue en marcha no IES Antonio Fraguas o “Club de Ciencia”, é unha actividade convocada pola Consellería de Educación para a que o noso centro foi seleccionado entre outros centro aspirantes. O obxectivo desta actividade é fomentar entre o alumnado participante o interese polas ciencias facendo un acercamento a elas práctico e divertido. Fundaméntase nunha metodoloxía baseada na indagación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo, propoñendo as súas propias cuestións e resolvendo problemas.
Pode inscribirte cubrindo o seguinte formulario:
preme: Inscrición no Club de Ciencias
Axudas máscaras para o alumnado
Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda.
"After Fraguas": con Alex Raña
"After Fraguas" é un programa de entrevistas a ex-alumnos/as do noso centro, para saber qué fixeron despois do seu paso polo IES Antonio Fraguas. A nosa primeira entrevista foi con Alex Raña.
Podes velos na canle Fraguas TV:
Entrega de premios Concurso de carteis e VIAQUA
Entrega de premios
e estrea da canle
"Fraguas TV"
Nace Fraguas TV
Martes 3 de novembro,
ás 11:45,
inauguramos "Fraguas TV"
1º de Bacharelato volve á presencialidade 100%
A partires do vindeiro luns 26 de outubro, o alumnado de 1º de bacharelato volve ao ensino 100% presencial, e no horario habitual. Todos/as en clase e todos os días.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »