You are hereLuns 4 de maio: novas tarefas e novos criterios
Luns 4 de maio: novas tarefas e novos criterios
O vindeiro luns 4 de maio, publicaremos novos criterios de avaliación para o final de curso e tamén novos tipos de tarefas:
-tarefas de recuperación das avaliacións suspensas, e das materias pendentes de anos anteriores.
-tarefas de repaso, reforzo e ampliación, que permitirán mellorar a nota de final de curso.
Asimesmo publicaremos os criterios de avaliación, nos que cada departamento didáctico aclarará como se terán en conta ditas tarefas e como se calculará a nota final de cada materia.
Tanto as tarefas como os criterios publicaranse mediante as vías habituais: nesta páxina web e na aula virtual.