You are hereNOVAS: Aplicación AbalarMóbil
NOVAS: Aplicación AbalarMóbil
AbalarMóbil
Nos últimos días o centro foi notificado de incidencias no funcionamento da aplicación AbalarMóbil, en especial, en terminais de Apple, o que está a retrasar a implantación e uso desta aplicación para todos os pais/nais do alumnado do IES Antonio Fraguas. Dende a Consellería están traballando para arranxar estas incidencias e esperan dispoñer dunha nova versión da aplicación en breve. Ata entón pregamos non intenten instalar ou conectarse a través de AbalarMóbil.
Tan pronto como teñamos novas de que estas incidencias están resoltas, daremos cumprida información para continuar coa implantación e uso desta nova ferramenta.
Un saúdo.