You are hereRESUMO DE ACTIVIDADES

RESUMO DE ACTIVIDADES


By mcalderon - Posted on 05 Abril 2013

 

Joyce´s week

 

Recompilamos a estupenda semana adicada ó escritor irlandés James Joyce. Lembramos a conferencia de apertura ditada polo escritor Bieito Iglesias sobre o Universo Joyce, que interesou moito ó auditorio.

Margarita Estévez analizou na súa charla Ulysses esa novela “difícil de ler”, que fixo exclamar a dúas alumnas de humanidades “Fíxome ganas de lela, vouna ler no verán”; un dos obxectivos está cumprido.

A sesión de lecturas poéticas e narrativas de James Joyce, acompañadas de músicas, tamén vencelladas a textos do dublinés, e presidida polo tradutor de poemas de Chamber Music, o escritor Alfredo Conde, resultou emocionante e do máis suxestivo... pois tentamos recrear o ambiente da lectura do Ulysses no París de Sylvia Beach. Escoitamos textos de Dublineses, Finnegans wake, Ulysses, ou o Diario do artista, moi ben seleccionados por profesorado e alumnado, e de Chamber Music, musicados e interpretados polo alumnado de artes:

Lean out of the window,
   Goldenhair …

O xoves, achegámonos á dificultade da tradución literaria, e escoitamos ó catedrático Carlos Buján disertar de forma moi amena sobre esa dificultade e leu fragmentos de Ulysses; e como somos afortunados e contamos con alumnado chinés, turco, de Marrocos... este alumnado leu fragmentos na súa lingua...

E pechamos coa actuación do alumnado de Artes escénicas que ofreceu a posta en escena de fragmentos do Retrato do artista cando novo, e co concerto do alumnado de Música que interpretou cancións joycianas e aires tradicionais irlandeses.

Na ginkana, tivemos xogos e premios, que interesaron a moito alumnado que aprendeu sobre Joyce e a súa obra, buscando pistas e resolvendo preguntas.

Se sumamos a exposición de material bibliográfico e discográfico, moi louvada polos nosos visitantes... pensamos que esta semana resultou moi educativa e interesante.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos