You are hereRoteiro literario do Club Ptolomeo pola terra de Arousa

Roteiro literario do Club Ptolomeo pola terra de Arousa


By Anónimo - Posted on 11 Xuño 2011

 


O luns os integrantes, os e as que poideron viaxar, do Club de lectura Ptolomeo, realizamos un roteiro romántico pola comarca de Arousa, para desenvolver a última xuntanza deste curso nun entorno literario.


Viaxamos no tren ata Vilagarcía e logo en auto ata a Casa-museo de Ramón del Valle-Inclán. Alí, baixo o magnolio que foi testemuña da escrita de moitos textos do autor das Sonatas, limos e comentamos contos de don Ramón, e tamén a lectura do mes, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. O fermoso xardín é un lugar máxico, e o museo e a casa ben valen por si sos unha visita.


Logo de contemplar o monumento a don Ramón de las barbas de chivo, na praza de Vilanova seguimos viaxe á Illa de Arousa e Cambados.


Logo da visita á casa de Ramón Cabanillas, outra sesión de lectura, agora de poemas do Poeta da raza, no xardín da Biblioteca pública de Cambados, retornamos a Compostela.


Foi un día fermoso e que esperamos repetir o próximo ano. Agardamos a máis lectores e lectoras que queiran sumarse ó noso Club.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos