You are here25-N
25-N
No día a día, no IES Antonio Fraguas apostamos por unha educación que desbote prexuízos e estereotipos de xénero como a mellor prevención contra a violencia machista. E este 24 de novembro, co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N) quixemos aportar o noso grao de area na concienciación da comunidade educativa sobre esta lacra da nosa sociedade, entre outras accións, visibilizando o traballo realizado nesta liña en diferentes materias e actividades ofertadas polo centro nun acto que se celebrará mañá venres no salón de actos da EGAP. Performance, lectura de manifesto, teatro, música e poesía conformarán os 40 minutos que aproximadamente dura cada pase. O Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+, a Aula de Teatro Teatrando no Fraguas, o coro do instituto, alumnado de 4º ESO e 2º BAC D (ó redor de 70 persoas) participan na organización e realización deste acto.