Skip to Content

Convocatorias / Bolsas

Axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado da ESO. Curso 2024-25

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO para o curso 2024/25. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.
  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse nesta lizagón: Anexos I e II en pdf.

Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de formación profesional

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais para o alumnado matriculado nas ensinanzas de formación profesional no curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

2º Ciclo formativo de grao básico

  • O alumnado que obteña o título de Ciclo formativo de grao básico recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel de iniciación se así o solicita.
  • O alumnado matriculado en 2º de Ciclo formativo de grao básico poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio.

2º Ciclo formativo de grao medio

  • O alumnado co título de técnico ou técnica en Instalacións de telecomunicacións recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel intermedio se así o solicita.
  • A obtención do título de técnico ou técnica de Aproveitamento e conservación do medio natural acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
  • O alumnado de 2º de gro medio de Aproveitamento e conservación do medio natural poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio.

O alumnado de 2º de grao básico e de 2º de grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do mércores 22 de maio ás 14:30.

As probas realizaranse no centro na semana do 10 ao 14 de xuño.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN. CURSO 2024-25

Está aberto o prazo da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-25. As axudas para os estudos posobrigatorios poderanse solicitar dende o 19 de marzo ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O alumnado que teña pensado cursar bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios, entre outros, poden pedir xa a súa bolsa para o vindeiro curso. Como en convocatorias previas, deberán de cumplimentar unha serie de datos provisionais, que poderán modificar máis adiante, e deberán facelo ainda que non saiban as cualificacións do curso actual, ou ainda que non saiban que van estudar o curso 2024-25.

Para máis información podedes consultar na seguinte ligazón.

Prazo: do 19 de marzo ata o 10 de maio.

Destinatarios: alumnado que no curso 2024-25 vai cursar estudos posobrigatorios (Bacharelato; Formación Profesional de grao básico, medio e superior; ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios)

 

Axudas para a formación en lingua estranxeira en Bacharelato

Foron convocadas 645 axudas para a realización de estadías lingúísticas de verán no estranxeiro no ano 2024 destinadas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato (DOG do 12/02/2024).

O período de realización das estadías comprenderá desde a primeira semana de xullo ata finais de agosto de 2024, agás para 2º de Bacharelato que se desenvolverán no mes de agosto.

A solicitude destas axudas realizarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

O prazo de solicitude estará aberto dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo.

Toda a información está dispoñible no seguinte documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut