Na seguinte ligazón pódese descargar o documento para a xustificación de faltas de asistencia do alumnado. Recórdase que, dacordo co Procolo Educativo para a prevención e o control do absentismo en Galicia, e segundo está recollido nas NOF do centro, as ausencias terán consideración de xustificables nos seguintes casos:
a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos ao mes.
e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.
A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda, do xustificante ou documento acreditativo pertinente.