Formación para as familias: Prevención de adiccións na adolescencia
O IES Antón Alonso Ríos, en colaboración coa ANPA Solleiro e o Centro de Formación do Profesorado (CFR) de Vigo, pon en funcionamento a Escola de Nais e Pais co fin de mellorar a coordinación familias-escola e contribuír na formación sobre diversos temas de interese e relavancia para a comunidade educativa e, de maneira particular, para as familias do noso alumnado.
A primeira iniciativa terá como tema central "A prevención de adiccións na adolescencia" e desenvolverase como unha formación impartida no centro para aquelas familias interesadas. A devandita formación terá lugar o martes 12 de novembro ás 19:00.
Para participar simplemente teredes que confirmar a vosa asistencia antes do luns 11 de novembro. Podédelo facer cubrindo un pequeno formulario ao que poderedes acceder na seguinte ligazón, a través da ANPA Solleiro ou ben chamando directamente ao teléfono do IES (886 120522).