Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de formación profesional
A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais para o alumnado matriculado nas ensinanzas de formación profesional no curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
2º Ciclo formativo de grao básico
- O alumnado que obteña o título de Ciclo formativo de grao básico recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel de iniciación se así o solicita.
- O alumnado matriculado en 2º de Ciclo formativo de grao básico poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio.
2º Ciclo formativo de grao medio
- O alumnado co título de técnico ou técnica en Instalacións de telecomunicacións recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel intermedio se así o solicita.
- A obtención do título de técnico ou técnica de Aproveitamento e conservación do medio natural acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
- O alumnado de 2º de gro medio de Aproveitamento e conservación do medio natural poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio.
O alumnado de 2º de grao básico e de 2º de grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do mércores 22 de maio ás 14:30.
As probas realizaranse no centro na semana do 10 ao 14 de xuño.