Prematrícula: curso 2024-2025
Por razóns organizativas, o alumnado debe cubrir a prematrícula para o curso que vén. O centro non pode ofertar na matrícula todas as materias e combinacións de materias optativas posibles, polo que as preferencias manifestadas na prematrícula condicionarán a oferta final da matrícula.
A realización da prematrícula non substitúe en ningún caso a matrícula directa que deberá ser formalizada no centro no mes de xullo.
O prazo para realizar a prematrícula abrangue do 2 ao 16 de maio de 2024. A prematrícula poderá ser realizada unha única vez, polo que é importante ter ben meditada a escolla. O alumnado deberá seleccionar a ligazón correspondente ao nivel no que se matriculará no vindeiro curso 2024/2025.
2º ESO |
3º ESO |
4º ESO |
1º BACHARELATO |
2º BACHARELATO |