Información sobre ordenadores E-dixgal
O alumnado de 1º a 4º da ESO conta co proxecto Edixgal. No seguinte enlace pódese descargar o Folleto informativo para as familias (curso 2024-2025) no que se explican todos aspectos relativos a este proxecto, dende boas prácticas e responsabilidade dos usuarios para o uso correcto do ordenador ata sobre o xeito de proceder en caso de avarías. Tamén se recolle a opción de facer un seguro opcional e da súa cobertura.
Recórdase ás familias que a responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos responsables do alumnado, que deben responder da perda o do seu mal uso. O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso ou cando haxa un cambio de centro, debendo entregar o equipo, o cargador, o maletín e o punteiro de ser o caso.
No centro, o coordinador E-Dixgal, o profesor Brais Álvarez, dará asistencia ao alumnado nos recreos dos xoves e ás familias nas súas horas de atención: os luns de 12:50 a 13:40 e os venres de 10:40 a 11:30.
Ademais, o proxecto E-Dixgal conta cun equipo técnico de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias e co que se contactará en caso de avaría:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
folleto_edixgal_23_24_0.pdf | 1.11 MB |
Cobertura Servicio Integral Reparación.pdf | 3.47 MB |