Ano de deporte
Este curso que remata, o noso centro seguiu a participar en competicións de deporte escolar coma en cursos anteriores.Abría a temporada o zonal de campo a través en Soutelo (Salceda), alí nos representou Alma que rematou en sétima posición e acadaba así unha praza para o campionato provincial que se disputaría no mes de xaneiro en Portas. No campionato provincial Alma, a pesar de estar convalecente dunha gripe, non quixo faltar e deuno todo para conseguir estar na metade da táboa de clasificación.Xa no segundo trimestre foi a quenda do bádminton. Neste curso tivemos a maior participación na competición individual dos últimos anos, participando un total de 20 alumnos, 12 de elas rapazas. A fase previa da competición disputouse durante a tarde de dous mércores e foi clasificatoria para a final zonal que enfrontaría a 16 dos nosos alumnos (6 homes e 10 mulleres) cos clasificados da zona de Tui, na súa maioría compoñentes do Club Bádminton Tui e algúns deles tamén alumnos do noso centro. Esta competición era clasificatoria para o campionato provincial de bádminton por equipos, para o cal se formarían equipos con alumnos de varias entidades e baixo o nome de Agrudebam e onde o noso centro tivo moita participación nos equipos infantís e cadetes. En infantil presentaría 4 equipos, dous femininos e dous masculinos, acadando a prata un dos equipos masculinos e o bronce outro feminino.En categoría cadete presentábamos un equipo masculino e outro feminino, conseguindo ambos equipos subir ao terceiro caixón do podio O tenis de mesa tiña lugar no terceiro trimestre, e nesta ocasión tamén houbo unha boa participación. Participarían en total 12 alumnos, 6 rapazas e 6 rapaces. Logrando clasificarse todos para o campionato provincial desta modalidade. Ao campionato provincial que se disputou no Pavillón de Romarigo en Cangas, acudirían 4 alumnas e 5 alumnos entre infantís e cadetes. Obtiveron un terceiro posto en infantil masculino e un segundo e un terceiro en infantil masculino.