O noso IES foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para formar parte da rede galega de centros que desenvolverán o Programa de prevención do suicidio na mocidade 2024-25, cofinanciada pola Unión Europea.
O programa impleméntase a través de YAM (Youth Aware of Mental Health) que significa Xuventude Consciente da Saúde Mental. YAM é un conxunto de iniciativas escolares dirixidas á xuventude de 3ºESO nas que aprenden e debaten sobre a saúde mental baixo a dirección e supervisión de profesionais orientadores da Consellería de Educación e profesionais da saúde mental do SERGAS.
Para este curso 2024-25 o programa consistirá na realización de intervencións cunha persoa instrutora especialista en saúde mental nos grupos de 3ºESO e 4ºESO ao longo do segundo e do terceiro trimestre.
Para a participación do alumnado é necesaria a confimación do propio alumnado e dos responsables cubrindo un formulario que xa foi entregado ao alumnado e que poden descargar aquí. Deberá ser entregado ao profesorado titor antes do martes 5 de novembro.
Para máis información sobre o programa poden consultar a páxina do programa YAM na seguinte ligazón ou pódese descargar o folleto imformativo para as familias premendo na seguinte imaxe: