Skip to Content

Dinamización Lingüística

Gústasme

Gústasme, a nova sección do EDLG do IES de Tomiño, onde podes atopar as nosas recomendacións literarias, cinematográficas ou musicais. 

 

 

CERTAME DE FOTOGRAFÍA NATURAL

 

No seguinte enlace, tes as bases DO !º CERTAME de FOTOGRAFÍA NATURAL DO IES DE TOMIÑO

Ollos de Aula Nº 4

No seguinte enlace, podedes ler o último número da revista dixital

Ollos de Aula Nº 3

Xa tedes á vosa disposición no seguinte enlace o Nº 3 da revista "Ollos de Aula", editada pola CEDNL

OLLOS DE AULA Nº 2

A Coordenadora de Equipos de Normalización está a editar unha publicación mensual co título "Ollos de Aula" destinada a toda a comunidade educativa. tedes o número 2 no seguinte enlace.

Física de Partículas

06/11/2012 12:30
06/11/2012 13:30
Etc/GMT+1

Vídeoconferencia para a alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato

Facendo Física de Particulas polo mundo

 O IES DE TOMIÑO PARTICIPA

NA VIDEOCONFERENCIA

 "Facendo Física de Partículas polo mundo"

Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. 
Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.

Relatores:

  • Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
  • Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
  • Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.
  • Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Brétema 2012

Ás veces faltannos as palabras

Coa mediación de Claudia, exalumna do noso centro, rapaces e rapazas de distintas partes do mundo, len un poema de Baldo Ramos nas súas linguas. Outras maneiras de falar galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut