Skip to Content

Calendario probas extraordinarias: 1º Bacharelato e Ciclos

Publícase o calendario das probas escritas da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato e Ciclos. As probas terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño.

1º BACHARELATO

AGROXARDINARÍA

ELECTRÓNICA

 

Recollida de libros da ANPA e dos equipos Edixgal

Nos días 17 e 18 de xuño terá lugar a recollida de libros da ANPA de todos os niveis. No caso do alumnado que teña probas escritas e precise conservar os libros ata o día 21, poñerase en contacto coa ANPA para fixar unha data de entrega alternativa. Para máis información podedes consultar a seguinte ligazón.

Así mesmo, o día 17 procederase á recollida dos equipos Edixgal ao alumnado de 4ºESO. A devolución será realizada polo alumnado seguindo as instrucións do Coordinador de Edixgal. O equipo deberá de estar cargado e virá acompañado do cargador e do maletín.

Axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado da ESO. Curso 2024-25

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO para o curso 2024/25. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.
  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse nesta lizagón: Anexos I e II en pdf.

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria 2024

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio, convocadas mediante a Orde do 21 de decembro de 2023, terán lugar o día 23 de maio de 2024.

Os lugares de celebración das probas de acceso están publicados na seguinte ligazón.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu docmento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Horario das probas:

  • Presentación
    • Ás 9:00 horas.
  • Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
    • Das 9:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias Sociais).
  • Parte científico-técnica da proba:
    • Das 16:00 ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía)

Para máis información para a realización da proba de acceso consultade a seguinte ligazón.

Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de formación profesional

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais para o alumnado matriculado nas ensinanzas de formación profesional no curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

2º Ciclo formativo de grao básico

  • O alumnado que obteña o título de Ciclo formativo de grao básico recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel de iniciación se así o solicita.
  • O alumnado matriculado en 2º de Ciclo formativo de grao básico poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio.

2º Ciclo formativo de grao medio

  • O alumnado co título de técnico ou técnica en Instalacións de telecomunicacións recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel intermedio se así o solicita.
  • A obtención do título de técnico ou técnica de Aproveitamento e conservación do medio natural acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
  • O alumnado de 2º de gro medio de Aproveitamento e conservación do medio natural poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio.

O alumnado de 2º de grao básico e de 2º de grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do mércores 22 de maio ás 14:30.

As probas realizaranse no centro na semana do 10 ao 14 de xuño.

Cuña Ciclos formativos

Nesta ligazón podedes acceder á cuña publicitaria dos nosos ciclos formativos para o curso 2024/25:

  • Ciclo Medio Aproveitamento e Conservacion do Medio Natural.
  • Ciclo Medio Instalacións de Telecomunicacións.

Prematrícula: curso 2024-2025

Por razóns organizativas, o alumnado debe cubrir a prematrícula para o curso que vén. O centro non pode ofertar na matrícula todas as materias e combinacións de materias optativas posibles, polo que as preferencias manifestadas na prematrícula condicionarán a oferta final da matrícula.

A realización da prematrícula non substitúe en ningún caso a matrícula directa que deberá ser formalizada no centro no mes de xullo.

 

O prazo para realizar a prematrícula abrangue do 2 ao 16 de maio de 2024A prematrícula poderá ser realizada unha única vez, polo que é importante ter ben meditada a escolla. O alumnado deberá seleccionar a ligazón correspondente ao nivel no que se matriculará no vindeiro curso 2024/2025.

 

2º ESO
3º ESO 
4º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO

 

 

Admisión alumnado. Curso 2024-25

Infórmase que as familias que solicitaron praza no periodo ordinario de admisión para a etapa da ESO foron admitidas.

En canto ás solicitudes de admisión para a etapa do Bacharelato, as familias poderán consultar o estado da admisión na mesma páxina que fixeron a solicitude (Admisionalumnado). Para calquera dúbida poderán chamar ao centro: 886120588.

Distribuir contido


by Dr. Radut