Salón do libro de Pontevedra
O venres 27 de marzo o alumnado de 1º ESO C e D visitou o Salón do Libro de Pontevedra. A temática deste ano levaba como título “Da ciencia á ficción” e os monitores ensináronnos como ata no conto máis sinxelo se agocha a ciencia. Sabías que, non só ao personaxe de Pinocho, senón a todos nos medra o nariz cando mentimos, as ventas anchéanse e a temperatura da cute sobe?
Ademais asistimos á obra de teatro Pan Pan da compañía A Panadaría. A obra é unha parodia dos westerns americanos con música vocal en directo e conta a historia dun cowboy, Harry. Este viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe, amigo seu, pero que lle roubara a súa muller. A obra resólvese cun final inesperado... |
||