Skip to Content

Xurxo Mariño no IES

 

Os alumnos de 4º ESO  e de Bacharelato da rama científica, recibiron o día 29 de novembro a visita do neurocientífico , profesor da UDC e divulgador Xurxo Mariño que impartiu unha conferencia na que contou anécdotas e aspectos científicos da súa viaxe  arredor do mundo.

Durante noventa minutos conseguiu abraiarnos e transmitirnos as marabillosas sensacións que se esconden detrás dos espectáculos que nos amosa a natureza : o deserto do Kalahari no que viven os “san”ou bosquimáns” unha tribu aínda hoxe en día cazadora-recolectora, e que son os seres humanos que posúen a maior diversidade xenética, ademais de contar cunha” lingua de clics” na que incorporan ata nada menos que 140 fonemas. Ademais puidemos emocionarnos vendo o impoñente  glaciar Perito Moreno de 250 km2, viaxamos ao Cabo de Fornos, ao Salar de Atacama,vimos aborixes australianos que comen formigas…e tantos outros lugares.

Todos nos sentimos viaxeiros mentres escoitabamos e, por suposto, quedamos encantados!!  



page | by Dr. Radut